A idea de crear Musel xurdiu ao darse conta Óscar Vilariño da necesidade que tiña de escribir sinxelas cancións pop, algo que non fixera en ningunha das súas anteriores bandas. Foi o gusto por grupos como The Velvet Underground, Galaxie 500, Mus, Low, Codeine, Yo la Tengo, Dinosaur Jr,…, o que fixo que se decidira a comezar a compoñer. Falou con Pablo Saavedra (batería) e Olalla Caamaño (baixo/teclado), quenes aceptaron encantados, e comezaron os ensaios. Foron montando temas paseniñamente, e non foi ata a primavera do 2012 que fixeron o seu debut abrindo en Lugo para os seus amigos os valencianos Betunizer. Xa no 2013 participaron no recomplilatorio que a asociación Desconcierto Cultural editou con motivo da celebración do Record Store day Galiza, pouco despóis de que Pablo decidise abandoar o grupo, entrando no seu lugar Omar Feijóo (Pastillas Mamut, Aníbal Anisakis).
Foi por mor desa gravación que a discográfica madrileña Acuarela se fixou neles e propúxolles traballar xuntos. Ese ano tamén participaron nun proxecto dun caderno de actividades para nenos chamado Babaum, que incluía un disco con temas orixinais de varios grupos. Musel aportaron o tema "Malditas Fanecas", cuxa letra e voz foi aportada pola súa gran amiga a poetisa Lucía Aldao. Pouco despois Olalla entra en Disco las Palmeras! e decide abandonar Musel, entrando a substituíla Xabier Piñeiro (Mêu). A nova formación está consolidada e están montando temas, preparando xa o seu directo e tamén a gravación dalgúns deles.
Musel Raiolo
https://www.youtube.com/watch?v=BeMGo9dynrU
C O N T A C T O
muselmusica@gmail.com