SUSANA SEIVANE


Dende os 3 anos nos que os seus ollos azuis viron a súa primeira gaita, Susana Seivane sempre sentiu a música galega coma a súa propia banda sonora.

Naceu en Barcelona no ano 1976 no seo da familia Seivane, un dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galiza. Comezou a súa andaina musical ó cumprir tres anos de idade da man do seu pai, Álvaro Seivane. Aos 9, trasládase, xunto ca súa familia, a Cambre (A Coruña). Xa en Galiza, entra en contacto con mestres gaiteiros da talla de Ricardo Portela ou Moxenas que, xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, influenciarían grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Non tardou moito en gañarse a admiración e respecto do mundo da gaita en Galiza, comezando aos 10 anos a dar concertos por tódolos recunchos do país.

DISCOGRAFIA:



O novo disco de Susana Seivane está a piques de ver a luz, e para ir abrindo boca, a gaiteira lanzará esta semana o novo single "Esperando a Fiz", un pequeno avance nun formato de 3 temas tan evocadores como “Durmíndote”, “Momentos” e “O primeiro baile”.

O seu próximo álbum "Fiz" publicarase a principios do vran. Será o quinto da gaiteira, e foi xestándose cando estaba embarazada do seu primeiro fillo (que da nome ao disco).

Está inspirado nel e recolle os sentimentos dese feliz estado e da chegada ao mundo de Fiz. É romántico, inspirador e tenro, posiblemente o álbum máis privado e intimista da gaiteira, feito para nenos e non tan nenos, pais e fillos de todas as idades. É evocador e hipnotizador, non poderedes deixar de escoitalo.



‘Os soños que volven’ (Enavíes música, 2009). 









‘Mares de tempo’ (Boa Música, 2004) 










‘Alma de buxo’ (Boa Música, 2001)










‘Susana Seivane’ (Boa Música, 1999)









Susana Seivane que diran

https://www.youtube.com/watch?v=DWgs7NdR4tk



CONTACTO: 
info@susanaseivane.com

MÁIS INFO:
http://www.susanaseivane.com/