Nova edición de Noites de Luz

Nova edición de Noites de Luz

Voltan as “Noites de Luz”. Nesta edición, os organizadores deste evento tráennos aos madrileños Alpargata e os galaico-irlandeses Güintervan. Dous grupos cun directo impresionante que no escatiman en calidade musical nin en sentido de humor. Ambas bandas son orixinalmente únicas e inclasificables na súa proposta musical e serán as encargadas de encher de música A Coruña, en concreto o Garufa Club, a noite do 22 de abril.

Este ciclo de concertos -que xa vai pola súa 5ª edición- ten como promotores á banda galega Chotokoeu, que organizan as Noites de Luz para traer á súa cidade a algúns dos mellores músicos que coñeceron na súa traxectoria musical: “...en concreto, Alpargata e Güintervan, son dous dos directos máis incribles que tivemos o placer de desfrutar, para nós é un soño poder xuntalos nesta edición de Noites de Luz”, afirman dende a banda coruñesa.

Catalogar a Alpargata nun xénero musical é tarefa imposible. Conseguiron acuñar o seu propio son, collendo elementos de rumba, afro-beat, rock progresivo e swing, todo rematado co barniz do humor e a crítica social. É á vez unha banda de jazz e unha de punk, dadaísta, políticamente incorrecta, e ao mesmo tempo aderezada con partes instrumentais de gran calidade. Ante todo, Alpargata é unha banda para ser desfrutada a pé de esceario nun dos seus contundentes e impredecibles directos. Pola súa parte, Güintervan tamén é unha proposta difícilmente clasificable. Virtuosos e experimentados músicos de tradición folk, uníronse fai 5 anos para evolucionar libremente o xénero mesturándoo con músicas tradicionais búlgaras e outros estilos contemporáneos. O resultado é un concerto vertixinoso, único, cheo de enerxía e arte que o público contempla coa boca averta e baila sumerxido nas súas rimticas alternativamente.

Noites de Luz preséntase como un espectáculo cultural de calidade máis aló das tendencias comerciais, con prezos asequibles para que todo o mundo se anime: 6 euros anticipada e 10 euros na billeteira.

Noites de Luz // 22 de abril// Sala Garufa Club (Coruña) // 22.00 horas

Venta anticipada:

- A Repichoca. Rúa Orillamar, 13

- Barbería. Rúa Orzán, 15

- Villatuerto. Praza das Atochas, 3

- Garufa Club. Rúa Comandante Barja, 5

+INFO:

Facebook: Noites de Luz // Chotokoeu

Email: noitesdeluz.info@gmail.com //