ENTREVISTA A RAIBA

- Como vai a andadura do disco novo “Versos de Revolta”?
- Moi ben, estamos moi satisfeitos da acollida do disco. Penso está tendo moi boa acollida as canción están resultando moi atractivas e esto fai que a xente se interese por conseguir o formato físico que se vende, de momento, nos nosos concertos e nalgúns centros sociais

- E a resposta do público que tal?
- Cando a xente teo o disco nas súas mans sorpréndese, en primeiro lugar polo formato do album, pois ten o tamaño dun CD normal pero é distinto formato está anelado cun fío de coiro que enroscasmos nos mesmos (é un disco artesán) e, én segundo lugar porque contén escolma poética que escollemos nós de versos revolucionarios de poetas galegos dende a época do Rexurdimento até os nosos días e tamén polas magníficas ilustracións alusivas á temática que queremos transmitir.





- Estades a ter moitos concertos ultimamente?
- Non nos podemos queixar, tendo en conta que cada vez está a ser máis complicado atopar lugares onde interpretar a musica ao vivo polas trabas que impoñen moitas administracións locais. Resistimos ben e RAIBA esta interpretado o disco sen descanso por todo o páis cunha media de tres actuacións ao mes.







- Porqué escollechedes AS PRAZAS para o voso primeiro videoclip do novo disco?
- É un tema moi dinámico, con moitos cambios. É veloz, ten mesaxe e moita forza. Un tema tan completo tiña que visualizarse nun vídeo para poder dar a coñecer á tendencia creaiva de RAIBA hacia a cal nos estamos dirixindo.
https://www.youtube.com/watch?v=707witBEl_4&feature=youtu.be&noredirect=1RAIBA ÁS PRAZAS
Vídeo oficial da canción Ás Prazas, de RAIBA, canción incluida na album Versos de Revolta
 https://www.youtube.com/watch?v=707witBEl_4&feature=youtu.be&noredirect=1

-Hai un salto considerable dende o primeiro disco POR VIVIR ao novo. Este cambio que se debe? foi premeditado ou unha evolución natural da banda?
Sen dúbida unha evolución natural. O que pasa é que o primeiro disco xa é do ano 2011 e aqueles temas estaba baseados en composicións antigas da banda. Os temas do novo album son máis acordes coas nosos gustos actuais. Pero realmente o mellor momento creativo de RAIBA pensamos que ainda está por chegar. Temos toda a intención de seguir evolucionando e gustanos moito a liña que estamos seguindo con este último disco.

- Cales son os planes de futuro?
- A curto prazo promocionar ben este disco. É un album que merece moito a pena e ainda vai dar moito de si. Logo, por suposto, a nosa intención é gravar o seguinte , pero a xente espera outro salto cualitativo e elo conleva satisfacer esas expectativas si ou si. Neso andamos.


Xavinho.- vocalista de Raiba
29/4/2015


fotos do concerto de Raiba no Frenopatico en Vigo