PABLO VIDAL GROUP


Compoñentes:

Pablo Vidal: contrabaixo e composicións.
Gabriel Peso: piano
Noli Torres: batería
Narci Rodriguez: voz
Sarunas Pupelis: saxo e
Ton Risco: vibráfono

O jazz ten un alto compoñente de tradición, pero, loxicamente a nosa tradición, a que mamamos, é a galega.

Ademais, tamén intentamos aportar algo noso, non  tocar como os americanos, senón empregar a improvisación e liberdade da linguaxe do jazz incorporando elementos nosos.

"ORIXE" o novo CD de Pablo Vidal Group gravado polo poderoso sexteto, o Pablo Vidal Group ou "Jazz PAGANO GROUP".

Neste novo traballo "A terra" é a fonte de inspiración.  A terra nai, acolledora, feminina, ORIXE de todas e todos nós.

 

Gravado nos estudios A PONTE en Compostela por Tomás Ageitos.





Temas:

-ORIXE
-BLUSEIRA
-EU SON
-LUADA
-MALAIKA
-CANDELA
-SIN MOTIVOS
-HAITI

  Pablo Vidal Group CANDELA


DISCOGRAFIA PREVIA:



Jazz pagano (2015)


Pagano é un intento de atopar a nosa sonoridade atlántica



Jazz pagano componse de oito temas, uns cincuenta minutos de música, nos que a temática é o mar. Pode considerarse como un continuo, unha sinfonía na que os temas están enlazados uns cos outros.




Sambando
Sailing
Bretema
Sons de Mar
O Canto voz Uxía
Alala Das Sereas voz Uxía
Tsunami
TravesÍa

Da colaboración con Uxía resulta unha mistura entre o "alalá" e o jazz, un achegamento entre a tradición galega e a lingua do jazz que ten moita forza.En realidade non é outra cosa que facer jazz como nos sabemos, coa nosa tradición
Temos que acotar aínda a maneira deque as dúas tradicións encaixen, de mesturar a profundidade dos alalás co ritmo do jazz? Intentamos darlle ese compoñente de improvisación na a que se move, a que cambia, é a melodía e non o texto.

A gravación foi como un concerto, nun día.


O disco atpase a venda en Amazon http://www.amazon.es/s/ref=dm_ar_dp_rd?ie=UTF8&field-author=Pablo%20Vidal%20Tr%C3%ADo&index=digital-music&search-type=ss

Pablo Vidal Trío-Tsunami


https://www.youtube.com/watch?v=MJjJL0RUL9k&feature=youtu.be

Este é o primeiro dunha tetraloxía. O seguinte vaise titular Terra, ou algo moi parecido, e imos facer unha fusión aínda máis fonda entre o jazz e a música tradicional galega. Logo virá Fogo, que vai ter unha temática máis paixonal, e o cuarto será máis etéreo, máis liviano, e tratará sobre o aire.


Máis info en:
https://www.pablovidal.eu/

CONTACTO: 
pablovidaltrio@gmail.com