SONIA LEBEDYNSKI

Sonia Lebedynski

O seu contacto coa música comeza sendo moi nova da man da man do seu pai de quen aprende as súas primeiras cancións. Iníciase na música tradicional galega e o folc. Con trece anos era a voz solista de Vai-te embora!, a súa primeira formación. Ten contacto con proxectos musicais doutros xéneros como o funk.

A súa versatilidade interpretativa lévaa a formar parte de propostas musicais moi diversas. Ten colaborado en múltiples proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Voces na Musa, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín, Sereas e participado nos traballos discográficos de Fía na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asoc. Galega de Gaiteiros Galegos, Brañas Folk, Enrique Paisal ou Sergio Tannus.

Moi vencellada á creación de música para xente miúda colaborou coa Asoc. de Gaiteiros Galegos no libro disco Pelo Gato. No ano 2015 colaborou nos proxectos de música infantil Non hai berce como o colo editado por Kalandraka e Alegría da editorial Galaxia, ademais de O tempo dos xogos, editado polo mesmo selo, cuxos autores son da Escola de Música de Boiro, á que sempre estivo moi vencellada desde a súa creación. Participou no filme do grupo canadiano “La Bottine Souriante” sobre a súa xira europea.

Ao longo de dez anos foi a voz de Fía na Roca. É mestra da ensino primario especialista en educación musical e pedagoga. Ten colaborado coa Escola de Música de Boiro no seu programa de alfafabetización musical para maiores.



Deserto de centos (2016)

O primeiro disco en solitario de Sonia Lebedynski, ‘Deserto de centos’, logo de ser a ‘front woman’ de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais. O traballo, que saiu á venda o pasado día 3 de maio, é un disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira…


‘Deserto de centos’ é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos dos que fixo parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e que escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital.


Trátase dunha aposta atrevida e moi persoal, que estará acompañada en directo por unha magnífica banda, con Sérgio Tannus (dirección musical e cordas), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono), José Manuel Díaz (baixo), Manuel Paino (trompeta) e Jose Luis Miranda (trombón).


Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en ‘Deserto de centos’ colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.


CEN MIRADAS

https://www.youtube.com/watch?v=REf5LP6xkdY

 https://www.youtube.com/watch?v=REf5LP6xkdY

 

 

Contacto:


COMUNICACIÓN & PRENSA

Komunika Kultura
Rocío Castro
E: komunikakultura@gmail.com
T: 699945778

MANAGEMENT

Cunde
W: cunde.gal
E: cunde@cunde.gal
T: 981563764

DISTRIBUCIÓN

Sonaxe, S. Coop. Gal.
Ketty Paisal
T: 655700626
E: info@sonaxe.com