SALA VOGA-AVANTE

SALA VOGA-AVANTE
Rúa San Lourenzo #51-53 | 15705 | Santiago de Compostela



Da man dun soño e guiados pola inquietude, as gañas de traballar e o amor á cultura; damos nova vida a un vello lugar…

A Sala Nasa foi, durante máis de 20 anos, local de referencia na Galiza do compromiso e a independencia culturais. Arestora, unha manchea de persoas recollemos a testemuña, mantendo a idea e dándolle unha nova perspectiva a esa filosofía. Seguirmos vogando e construíndo, entre todas e todos, un novo espazo.

Un lugar común onde nace o símbolo e circulan os sentidos. Sempre en novos terreos de conflicto…de creación…de imaxes…de sons… Erixir historias que superan ó individuo e convírtense en parte do suxeto colectivo. Sumade e creade!

A Sala Voga-avante xa é unha realidade e queremos que sexas parte activa deste novo andar. A partir do mes de outubro empezamos a funcionar e estamos xa preparando a programación. Aberta, diversa…adaptándonos ás necesidades do evento e facilitando o seu desenvolvemento.



Se queres ter un oco…ou recibir máis información: sala@voga-avante.com.