Podedes escoitar Baladas da Galiza imaxinaria premendo eiqui
Dous grandes da música galega, UXÍA e NARF, publican en xuño de 2015 o seu primeiro disco conxunto: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.
Neste traballo Uxía e Narf funden os seus repertorios nun disco conxunto que incorpora clásicos destes dous autores e tamén temas novos, como ‘Onda soante’ ou ‘Cantiga do neno da tenda’, e outros coñecidos pero inéditos, como ‘Encontrarte’ e ‘Nana de Zemambiquo’.
Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e xanelas aos corazóns.
"Na primavera de 2014 cantamos xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Polo camiño, fomos descubrindo que os nosos xeitos, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro. Foi así como recreamos, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos nosos respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz."
Uxia e Narf
Este traballo móvese nun espazo emocional que vai máis aló do puramente xeográfico. Os seus destinatarios non son só os habitantes de Galiza, senón os dunha Galiza imaxinaria, que abrangue aos galegos e ás galegas e tamén aos que non o son, pero son amantes do noso, sen máis.
“O seu anhelo de sinxeleza é patente no conxunto: dúas voces cálidas en torno ao espiñazo dunha guitarra eléctrica pulsada con técnica diversa, xeralmente melodiosa e algunhas veces ruxidora”.
Santiago Auserón
Uxía e Narf - Baladas da Galiza imaxinaria
"Onda soante"
https://www.youtube.com/watch?v=kSlYx_dkVGA
PARA MAIS INFO : http://baladas.gal/
‘Baladas dunha Galiza imaxinaria’ é unha produción ASISÍ, editada por Edicións da Madriña, unha nova discográfica creada polos propios autores que agarda acoller no futuro moitos máis proxectos musicais.
Gravada por Fran Pérez “Narf”. Editada e mesturada por Antonio Vázquez. Masterizada por Carlos Diéguez.
Concepto e Dirección Artística:
Uxía & Narf
Uxía: voz. Narf: voz e guitarra eléctrica.
Deseño gráfico: Víctor Aparicio
Fotos e vídeos: Karlos Abal
Gravado nos estudios ASISÍ entre outubro de 2014 e marzo de 2015.
Agradecementos:
Guadi Galego, Cristian Figueroa, Fátima Soliz, Roberto Varela, Sérgio Tannus, Santiago Auserón, Tati Moyano, Rosa Bugallo e Suso Coba (Dezaseis).
Contratación:
Mirmidón Producciones
Comunicación:
34699945778
komunikakultura@gmail.com