DELEGACION GALEGA NO FESTIVAL INTERCELTICO DE LORIENT 2015

DELEGACIÓN GALEGA
FESTIVAL INTERCELTIQUE DE LORIENT
Do 6 ó 15 de agosto de 2015


1.- Festival Interceltique de Lorient
2.- Representantes galegos na presente edición
3.- Contacto da Delegación


1.- Festival Interceltique de Lorient
O Festival Interceltique de Lorient naceu hai 44 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda e o norte de España (Galicia e Asturias).
Isto deulle un lugar especial entre todos os festivais bretóns, pero tamén nacionais na medida en que creou un novo concepto prometedor: o interceltismo.
Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas, canadienses ou latinoamericanas.
Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 100.000 espectadores de pago e 700.000 visitantes, o que o convirte no máis importante festival de Francia.
Espazos de festa libre, talleres de música, conferencias, concertos todos os días en escenarios e bares da cidade, master clases gratuítas de instrumentos celtas, desfiles diarios, concursos de gaita, acordeón, arpa celta, percusión, bandas, xardín de luthiers, espazo solidario... Tamén hai espazo para o deporte, regatas, fútbol gaélico, carreira popular… Exposicións de obras de arte, feira do libro, un mercado de artesanía acorde á temática do Intercéltico… sobran as palabras para definir a un festival único.

2.- Representantes galegos na presente edición.

Talabarte
Radio Cos
Rosa Cedrón
Carlos Nuñez
Grupo de Baile "Trébede"
Banda de Gaitas de Barbude
Edelmiro Fernández e Alberto Coya (30º Aniversario MacCrimmon)
Dúo Edelmiro Fernández & Pedro Pascual (Músicas Sacras)
Trofeo MacCrimmon 2015:
Xabier Pereira Díaz.
Xesús Rodríguez Callejón.
Marcos Tella Álvarez.
Javier Vázquez López.

TALABARTE

Un novo concepto de formación en Galicia,
estrictamente acústico e baseado na música
tradicional.
Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha , o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García . Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe
do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.
Provintes de bandas como Berrogüetto, Marful, Susana Seivane Grupo…contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nen deixar indiferentes ós sentidos.


RADIO COS

Radio Cos, uns pandeireteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.
Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación
etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo,
traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.
Vai xa para nove anos que Radio Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.
Presentan o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.
Ademais de Quique e Xurxo, van acompañados de tres músicos de primeira: Pedro
Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e o acordeonista Xan Pampín.


ROSA CEDRÓN

En “Entre dous mares”, Rosa Cedrón fai desembocar tódolos ríos que conformaron súa vida como cantante. A súa íntima visión da música, as pinceladas todavía latentes da súa formación clásica e as súas renovadas inquietudes musicais, fan deste
proxecto, unha ocasión única de disfrutar da polivalente voz de Rosa Cedrón, que coroa cada canción coa súa seductora e envolvente personalidade.
Rosa Cedrón, Javier Cedrón (violín) e
Miguel Artús (pianista).



CARLOS NÚÑEZ + Orquestra Sinfónica da Bretaña e Bagad de Lorient


Non precisa moita presentación, un dos máis brillantes músicos que deu a música galega. Coa súa carisma e enerxía, superou os límites da gaita e as frautas.
Vendeu máis dun millón de discos en todo o mundo e ten gañado premios coma o Ondas e dúas nominacións ós Grammy latinos.
As entradas para o seu concerto xa están esgotadas, vai a ser unha cita inesquecible coa Orquestra Sinfónica da
Bretaña e a Bagad de Lorient.










TRÉBEDE – Grupo de baile

Trébede nace no ano 2011 na xuntanza de dúas
asociacións que coa incorporación dun grupo de
pandereteiras fai que en 2012 comece a rodar o
actual proxecto.
Baile e música de pandeireta e charanga, un
traballo de recollida do patrimonio inmaterial e
posta en valor do mesmo. Con pezas das catro
provincias galegas, teñen levado distintos
recoñecementos a nivel galego e saído en
diferentes medios.





BANDA DE GAITAS DE BARBUDE

A Banda de Gaitas de Barbude nace en marzo de 1998, froito da Escola que a Asociación “Amigos do Castro de Barbude” organizou no Curso 1996/97 para gaita e percusión (agora tamén de baile galego, solfeo, teclado e acordeón) entre os
seus programas formativos.





EDELMIRO FERNÁNDEZ E ALBERTO COYA


30º aniversario do Trofeo MacCrimmon de gaita (antigo MacAllan)

O martes 11 pola noite terá lugar unha noite moi especial dentro do festival, xa que o prestigioso certame de gaita MacCrimmon (antigo MacAllan) chega á súa trixésima edición, e por isto ademais do concurso de cada ano, celebrarase unha gala especial na que por parte de Galicia estarán presentes
Edelmiro Fernández e Alberto Coya, acompañados por grandes nomes coma Fred Morrison (Escocia), José Manuel Tejedor e Xuacu Amieva (Asturias) e Patrick Molard (Bretaña).

Alberto Coya (O Hío, Pontevedra) tamén é habitual do festival. Gañador do certame no ano 2006, tamén ten sido xurado do mesmo e impartido a master-class de gaita.










Edelmiro Fernández (Ribeira, A Coruña) é un dos máis prestixiosos gaiteiros non só a nivel galego, senón mundial. É o máis laureado da historia do certame bretón, gañando nos anos 1995 (compartido), 1996, 1998, 2001 e 2007; ten colaborado con multitude de proxectos en meirante parte do mundo e actualmente toca en grupos coma Taghaitaí.




Este ano tamén será o encargado de impartir a master-class de gaita galega.


DÚO EDELMIRO FERNÁNDEZ E PEDRO PASCUAL
“Músicas sacras”
O dúo Edelmiro Fernández (gaita) e Pedro Pascual
(acordeón diatónico) chegará á Igrexa de San Luis para
amosar un repertorio galego, tradicional e de autor con
arranxos personais que lle dan unha sonoridade única.
Marchas, valses, alalás e muiñeiras compoñerán o
universo rítmico do dúo.







TROFEO MACCRIMMON 2015
O máis prestixioso certame de gaita contará este ano coa representación galega de
Xabier Pereira, Xesús Rodríguez, Marcos Tella e Javier Vázquez.
3.- Contacto.
Delegación galega do Festival Interceltique de Lorient
Comunicación – Coordinación, información, fotos...
comunicación.galiciafil@gmail.com
__________________________________________________
Delegado galego – Pablo Seoane - 657 810 611
__________________________________________________
www.festival-interceltique.bzh
www.facebook.com/DelegacionGalegaDoFestivalIntercelticoDeLorient