«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet»
A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.
Músicos:
Servando Barreiro: voz, guitarra e concertina.
Gonzalo R. Caride: gaita galega en re, frauta doce, chalumeau, tín Whistle, asubío, frauta traveseira en re e Vlolín.
Maica Álvarez: zanfona, didgeridoo e voces.
Mauro Garrido: violoncello.
Suso Feixon: percusións.
Cesar Freiria: home orquestra.
Crisina Fernández e Marta Fada voces.
Oliver, Antia, Rochi e Chus: coros.
Dirección e produción artistica: Servando Barreiro
O disco foi gravado entre setembro e decembro de 2014 nos estudios Son Feixon de Beade, Vigo, con MIG SEOANE como técnico de son.
O libro conta de 56 págs. con ilustracions de Chus Láuzara
Editorial: XERAIS