Carmen Gil e Mamá Cabra únense para contar e cantar esta divertida historia.
Deseño de portada: Hayat Husein
Deseño e maquetación: Dubidú Estudio Gráfico
As letras das cancións e o conto son de Carmen Gil A música é de Gloria Mosquera Roel Adaptación e arranxos: Tomi López Serrano e lago Rodríguez
BAILE DA PAZ
Esta é a danza
da espemnza,
danza capaz
de semen tar paz.
Ombro con ombro
pédese todo.
Dé un taconazo.
Levanta un brazo
6 con donaire
délle ao cu aire.
Colle a orella
da túa parella.
Faille céchegas.
Ponte en crequenas.
Esta é a danza...
Agora dé un brinco,
ou mellor cincoI,
e tres palmadas
con gargalladas.
Logo ao compás,
anda cara atrás.
E cara adiante,
coma un xigante.
Pinta un momento
PAZ no vento.
Grita un Segundo
PAZ no mundo
Ilustracións, de Iria Fafián, 2015
Participaron na gravación:
Harry PriceViolín:
lago Rodríguez Baterías, teclados, baixos
Tomi López Serrano Cavaquinho e guitarra: Gloria Mosquera Roel Voces e guitarra
Estudio de gravación: Enavíes Estudios
Técnico de estudio: lago Rodríguez
Editorial Galaxia, S. A., 2015
MAMA CABRA é un grupo de musica infantil que mestura poesia pezas de folclore e temas propios cun enfoque lúdico, participativo e didáctico que son recibidas con entusiasmo por un público que as aprende de memoria e que enche os teatros nos seus concertos.
Mama Cabra son:
Violín: Harry Price
Baterías, percusión, teclados, baixos e guitarras: lago Rodríguez
Cavaquinho e guitarra: Tomi López Serrano
Voces e guitarra: Gloria Mosquera Roel
DISCOGRAFIA PREVIA:
Cantos Rodados 2002
Foi a súa primeira publicación e consistía nun libro xigante e un CD con dez cancións e un vídeo.
Cantando Comigo 2004,
Un almanaque musical e un CD que propón unha canción para cada mes do ano escolar.
tan só con leres un libro 2005
O terceiro e premiado disco, ademáis dunha nova colección de cancións, é un CD-ROM que ademáis ten fichas, partituras, ilustracións para colorear e outros extras.
cartas que veñen e van 2006
É un libro-CD con cancións de Susa Herrera, profesora da Facultade de Educación de Pontevedra, arranxadas por Mamá Cabra e cantadas por profesores e profesoras da Asociación Pedagóxico-musical “Soutullo” que asisten ao seu Seminario de Música cada ano.
patatín patatán (2008)
Neste traballo atoparedes sobre todo versións que fixeron de cancións infatís: A Chata Piringüela, Heiche de contar un conto, Unha vella tiña un can... e tamén incluímos dúas danzas: "O Parampampero" que tenta dunha maneira moi sinxela de iniciarnos a bailar unha muiñeira, e "Hamelín", un scottish.
todos os animaisó caixón (2008)
É unha colaboración que fixeron con Susa Herrera. Atoparedes no proxectos cancións que ela fixo sobre contos da colección "Cu-cú sorpresa" de Combel. Todos os contos son fáciles de atopar. Cada estrofa de cada canción correspóndese cunha páxina do libro; e no retrouso, xogamos a cantar tod@s. Así podemos incluso ir no coche vendo e cantando co libro entre as mans. Unha mostra... Animais singulares
OLA, OLA, LA! (2010)
Neste traballo contaron cun coro que estivo baixo a dirección de Ramón Bermejo. E coa colaboración do brasileiro Sérgio Tannus, ao cavaquinho e pandeiro e coa percusión vocal (beat vox) de Gende Beat.
Xa me tardan estes magos.(2011)
Libro-disco coa editorial Galaxia que conta con ilustración de Kristina Sabaite, recolle composicións sobre textos de Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel, vocalista do grupo.
Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.
Podedes descargar o tema TRES REIS EN BICICLETA premendo eiqui
Bicos de música (2012)
Libro-disco-dvd no que, insistindo nas súas letras festivas, cun certo compoñente pedagóxico e moi achegadas aos pequechos da casa, atrévense a dar un salto máis grande planteando unha proposta audiovisual arriscada e divertida.
Ilustrado pola artista lituana, afincada no noso país, Kristina Sabaite. Ademais do libro en papel, a toda cor, editamos o CD de audio coas dez novas cancións do grupo e un DVD, para o que se contou coa colaboración da produtora Pórtico Audiovisuales
Estación Nadal (2014) Contan que só hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hay unha máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida. Editado por Galaxia dentro da colección Sonárbore o libro-CD de 24 páx. con tapas de cartoné foi publicado en novembro de 2014 As ilustracións correron a cargo de Kristina Sabaite
Temas: Os Reis en Santo André Nadal No San Xoán Din, Don, Dan Panxoliña O Apalpador Nadal Cantigas de Nadal Dinosaurios No Nadal Peitea o Cabelo Ao Camelo Ao Chegar o Inverno Os Reis en Santo André (Instrumental) Nadal No San Xoán (Instrumental) Din, Don, Dan (Instrumental) Panxoliña (Instrumental O Apalpador (Instrumental) Nadal (Instrumental) Cantigas de Nadal. Unha Pouca Roupiña (Instrumental Dinosaurios No Nadal (Instrumental Peitea o Cabelo Ao Camelo (Instrumental) Ao Chegar o Inverno (Instrumental)
Para escoitar e baixar MAMA CABRA preme eiqui
Para máis info www.mamacabra.com