O Busto é Meu

Proxecto musical en solitario de Alberto Busto, dende a casa para o mundo.

Emprega unha guitarra, un micro e moi pouquiño máis para ir subindo videocancións.




" Esta é a primeira canción dunha serie acústica que quero subir ao Youtube, fai tempo que lle levo dando voltas e por fin me decidín."
Os de Antes
https://www.youtube.com/watch?v=jU5liAlfJMA&feature=youtu.be

Música e letra: Alberto Busto

Letra:

Foi reconfortante non mirar atrás
foi reconciliante asomarse á veira máis
non sómolos de antes, é creatividade
é pechalos ollos, e sentir bailar

Esas motas de aire, estan a golpear
tantos beizos, tantos ollos, pura química
quen fora veleno, para naufragar
e poñerte de xeonllos porco a supricar.

Se a vida é Tyson eu serei Alí
Como bolboreta voando no ring
en abella suicida eu me convertín
como poli díaz cando pilla speed.

Eu non teño getto só che teño a ti
nin cicatrices das que presumir
se do unico cárcere do que fuxin
eran esas putas clases de latín.

Tiñamos a razón, a razón universal
creimos ser únicas, únicos no mar
e agora amiga, amigo so nos preocupa
que a billeteira nos poida saciar.

Era non pensar, e tamen mancar
era hostiarse contra un chanto e volvelo tentar
a quen lle importaba canto facturar
se o único importante era o toque de queda.

Fodía sen guasap, a souben respetar
e facía escapismo pra poder fumar
maldita sustancia, habíame enterrar
foron meses suplicando para conciliar.

Espertar, respirar, e voltar ollar
sentilo teito despegar, querer escapar
que non hostia,que non, que non falo de amar
tou falando de construir o que somos.

Eu falo de errar, de ser subnormal
de non nacer aprendidos,
falo de escarallar
de tramsmutar neste verme no que nós nos convertimos.

Tiñamos a razón, a razón universal
creimos ser únicos no mar
e agora amigo so nos preocupa
que a billeteira nos poida saciar

Sinto que me escorre o tempo polas mans
sempre que vexo o ceo espertar
non sómolos de antes, é creatividade
e puro instinto, e sentir deitar

Non ves que en cancións estoume a retratar
son emocións non logro imaxinar
penso logo existo non quero pensar
quen fose o aire para respirar.

Tiñamos a razón, a razón universal
creimos ser únicos no mar
e agora amigo so nos preocupa
que a billeteira nos poida saciar

CONTACTO:
alberto.busto7@gmail.com