O CADELO LUNATICO

Javier Prado (Voz e guitarra)
Belém Tajes (Voz e teclado)
Olalla Ferga (Batería)
Maritxinha (Baixo).

O Cadelo Lunático é o novo proxecto de Javier Prado co desexo de aportar ó país música blues en galego que reflicta o momento social que nos tocou vivir nesta época.

Ao vivo presentase cunha formación de catro mebros na que ademáis de Javier Prado subense ó escenario, Belén Tajes  teclado e voz, Olalla Ferga na batería e María Gómez co baixo.


Malos tempos (2015)
O seu primeiro traballo "Malos tempos", foi gravado, mezclado e producido polo propio Javier Prado e sae ó mercado da man da discográfica galega Inquedanzas Sonoras.
Na gravación participaron ademáis de Javier Prado na maioría dos instrumentos, Belém Tajes na voz, Hugo Ramos ao baixo e a cigarbox e Rafa "Mississippi" na armónica.



O disco está composto por 11 cortes, combinando temas propios cunha selección de poemas de autores galegos como Celso Emilio Ferreiro ou a poetisa contemporánea Cristina Corral Soilán. Todos en galego menos un corte bonus que está en inglés.
1. Malos Tempos
2. R&M
3. Bonxe
4. Mentres imos andando
5. Vivindo
6. Todo
7. Só
8. Cona
9. Non
10. Longa noite de pedra (ad libitum)
11. C Side


PODEDES ESCOITAR TÓDOLOS TEMAS EN:
https://ocadelolunatico.bandcamp.com

Malos Tempos está autoproducido por Javier Prado e a producción executiva correu a cargo de Xusto Molejón de Inquedanzas Sonoras.
Ilustración da portada feita polo famoso ilustrador galego Suso Cubeiro.
Deseño gráfico: Roberto Lage
Fotografía: La Estilográfica
Gravado no estudio “O Demo Maior” Outubro 2015

O Cadelo Lunático - Malos Tempos






"MALOS TEMPOS
Unha vez posto o pé no camiño, os derroteiros que o tempo decidiu son imperturbables. Poden encherse de felicidade ou de misterios, de xeitos de vidas, de cargas e odios. Facemos camiño co noso macuto de tempo.  Tempo de chegada e tempo de búsqueda. Tempo compartido e tempo de soidade.
É así como no medio da xeira damos cos malos tempos, aqueles que obrigan a ser mellores que a vida, a ser  máis fortes que ese mesmo tempo, a non perder as formas nin os gustos polo que un día se
chegou a considerar importante: a  cultura, a vida e o espírito humano. O tempo é un hálito de soidade que desgasta a mirada e a pel, a mente e a gorxa.
É unha batalla  perdida que nos obriga a erguernos cada mañá. Cando os malos tempos son  chegados
hai que cubrir a caluga, abrir o paraugas  e botarse á  rúa para defender o que  é noso."




O disco ademáis de en spotify pódese escoitar en itunes e distintas plataformas musicais, que aparecen nesta dirección http://ocadelolunatico.com/malos-tempos/

Tameén podedes mercar o disco físico en formato digipack poñéndote en contacto a través da dirección email: ocadelolunatico@gmail.com Tamén o podes mercar nas principais tendas de discos de Galicia, así como pequenas librerías e tendas de agasallos.


Máis info en:
http://ocadelolunatico.com/
contacto:
ocadelolunatico@gmail.com