Resultou gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do concello de Teo, no ano 2015, e agora esta a presentar o seu primeiro traballo discográfico.
Podedes escoitar a SOFIA ESPIÑEIRA no seu soundclound https://soundcloud.com/sofia-espinheira/ala-onde-agroman-as-herbas-06-a-vida-contemplativa

Xa podedes escoitalo na plataforma que máis vos preste. Agardo que gocedes destas novas cancións!
Moita emoción e ilusión por este novo camiño, con composicións orixinais, letras, guitarra, voz, percusión corporal, coros e arranxos.
Produción musical, arranxos, e son: @arturo_abrigueiro
Portada feita pola artistaza @martacubba
Interpretación musical e arranxos: @guillermo_alzugaray no violoncello, @calitrosmogutu na percusión, @semadigles no baixo e contrabaixo, @pablopascualalonso nos arranxos de 'Tormentas' e no clarinete, @maritzaruan na trompa, @meristrumpet na trompeta, @andriusax_ no saxo, @huete.musica na tuba, @gourmetsoundestudio na táboa de lavar, Luis Tinaquero no banjo e dobro, @mariapardorodriguez e Alenya Espiñeira nos coros, @mariajorgeb no violín, Alex Salgueiro nos arranxos de 'Nómade' e na frauta e ocarina
Narración: Carmen Carrodeguas de San Andrés de Teixido e os meus avós Manuel L.Vilar e Purita Abeijón
Herba de namorar - O Ritual
Realización e paisaxes sonoras: Óscar Górriz
https://www.youtube.com/watch?v=5BFIqlOS6SE
Herba de namorar
https://www.youtube.com/watch?v=14CRw_M9TnM
Xeografías
https://www.youtube.com/watch?v=_wRoOu10DeQ
Dirección: Lucía Estévez
Gravación musical, mestura e máster: Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios
“Xeografías” é o corpo escrito. Son as dores debaixo da pel, os ríos, os abismos, as montañas. As cicatrices invisibles, as marcas do camiño feito. “Xeografías” son as paisaxes internas máis íntimas, as que quedan escondidas dentro dos tecidos, rexistradas. É a memoria da dor. A memoria do propio corpo. Un mapa cantado. Unha catarse.

Alá onde agroman as herbas (2015)
" Alá onde agroman as herbas son un feixe de cancións que foron nacendo, unha a unha, segundo o camiñar dos últimos anos. Nove temas que sacan fóra do corpo historias, momentos vividos e sentimentos que atravesaron o peito nalgún momento. Algúns xa vellos e outros aínda comezando a andar, os nove reúnen uns cantos anos de vida coma unha biografía escrita en música e canto. E todos eles no seu agromar me levan alá, Alá onde agroman as herbas, ese lugar onde todo está en movemento, onde a vida discorre, onde cada un atopa a harmonía por dentro. "
O primeiro traballo discográfico de Sofia Espiñeira conten nove temas, tódos eles compostos pola cantante, tanto letras coma a música.
Temas:
A cabalo
Hoxe temos voz
Non teño medo
Amare
A Maruxiña
A vida contemplativa
Deixar
As miñas flores
Oe o meu canto
No disco tamén fixeron aportacións outros músicos, asá ademáis da guitarra e voz de Sofia colaboraron :
Guillermo Alzugaray: violoncello
Jorge Vázquez: bombo legüero
Eloi Pérez: frauta travesera
Víctor González “Charly”: caixón flamenco
Xoán Curiel: coros
Gilberto Carvalho: saxo barítono
Airán Beltrán: contrabaixo
Alfonso Camarero: caixa e coros
Brais das Hortas: guitarra acústica e coros
Carme d'A Pontragha: pandeiro cadrado e coros
Foi gravado nos estudios Gourmet Sound, en A Coruña e mesturado nos mesmos por Alfonso Camarero.
O deseño gráfico do disco foi realizado pola deseñadora Marta Cuba, e a fotografía foi realizada por Eva Camba.
A edición, producción e distribución do disco corre a cargo de Sofía Espiñeira.
Polo de agora pódense mercar directamente nos concertos e na tenda Miranda - Cultura para levar, en Santiago de Compostela
máis info en:
https://sofiaespinheira.wordpress.com/disco/
CONTACTO
sofiaespinheira.cantautora@gmail.com
Páxina de Facebook: Sofía Espiñeira
Tlf: 635288192