"Berlai é o projeto musical criado por Xiao Berlai. Um projeto baseado numha música sem complexos que bebe directamente da tradiçom galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.
As letras das cancións nacem como imagens obsesivas do universo galego: onde as berzas som urbanas, ou o milho necessita cintas de baliçamento policial.
Berlai é indie rururbano, como consecuência lógica á música post-bravu."
Berlai Como Sue Ellen Videoclip de Alfonso Zarauza "Canção-homenagem ao Miudinho e às "tabernas culturais" tal como descreveu Alexandra Fisteus no seu "Réquiem polo pataca"." "Se esmorece a cultura da cantina em favor de lugares com menus e bebidas plastificadas propriedades de fundos de inversão, esmorecerá também parte da nossa história e iremos ficando sem o abrigo de aqueles sítios que nos permitiam cantar, tocar, voar, sonhar…". https://www.youtube.com/watch?v=nJe7I710r00 |
nas Miudiño sessións
Estampas Galegas (2023)
É unha mestura de música, contos e ilustracións que falan da Galiza actual, homenaxeando a Cousas de Castelao. A música e os contos foron compostos por Xiao Berlai e as ilustracións son de Leandro Lamas.
Son dez estampas baseadas en experiencias vitais ou reflexións de Xiao Berlai.
Unha tenda de roupa chamada “home” que nin sequera vende pantalóns curtos; a experiencia de ser pai e vivir a imposición de xénero da sociedade ao fillo que acaba de nacer; a progresiva castelanización do galego; o orgullo de ter un país con dous nomes; a reivindicación do acento galego nas producións audiovisuais a través da figura de Arale; e mesmo a fantasía dunha Rosalía liderando o pobo na revolución galega “se non hoxe, mañá”.
O diálogo entre as tres artes que habitan as Estampas Galegas, convida a xogar entre si e gozar da súa conexión sen orde xerárquica. Podemos comezar pola música ou a ilustración e rematar coa historia, ou viceversa, deixando a elección en mans de quen le, mira e escoita.
Ollo! Esta non é unha publicación adecuada para persoas que buscan verdades absolutas. Estas estampas están cheas de boom, humor, alegría; e sobre todo amor, porque en realidade, e malia todo, isto é unha declaración de amor.
Um país com dous nomes
Com os melhores desejos
Roubarom-nos a heroína
Encerelhado
Como Elisa e Marcela con Pauliña
Orgulho guai
Um home é um home con Belém Tajes
Greve do assobio
Como Sue Ellen
Sei que habito
O livro-disco Estampas Galega está editado por ATRAVÉS EDITORA. Podes facer a túa encomenda na súa loxa online:
atraves-editora.com/produto/estampas-galegas/
Encerelhado
Adianto de Estampas Galegas de Berlai.
Vídeo feito por IK Audiovisuais.
Cas Berlai (2020)
Un novo disco, máis acústico, creado durante o confinamento desde a súa casa da aldea, e éor iso que se chama ‘Cas Berlai’, como se di en vários lugares de Lugo e tambén Costa da morte.
máis acústico e caseiro, cantando á rutina e á beleza do cotiá. Nel, cada canción convértese nun espazo da casa: a cama, o corredor, o espello, o water, a sala ou a “cas de Tróski” (o seu can).
Todos os temas son escritos por el agás a adaptación de “A lista da compra -da viúva-“, un poema de Emma Pedreira galardoado co Premio Poesía Jovellanos ao Mellor Poema do Mundo. Neles fala do seu pai, morto antes de tempo, das rupturas dos amores que nos tronzaron, do amor, das súas miserias ou do seu TDAH.
A beleza está nas “flores que nacen do cemento”. Así presenta Berlai este disco que foi composto e gravado case na súa totalidade no confinamento e sen verse entre os músicos. O son é acústico, feito na casa: contrabaixo (Pablo Sanmamed), guitarra acústica (Xiao), piano (Iago Mouriño), batería (Bruno Couceiro) e até uns kazoos (feitos de restos plásticos) convertidos aquí nos ventos do disco.
Este traballo nace no confinamento vivido na aldea. “Con todo o bo que ten morar aquí nestes momentos (e tamén noutros, claro). Sen esquecer as casas a medio construir no rural galego. Esas casas que son esquelete de formigón (como preludios de ilusións rotas)”. Esas casas que protagonizan a arte que se plasma no propio CD, asinado por Ernesto G. Torterolo, que coñecemos como autor das ilustracións do primeiro traballo de Xiao.
Berlai
No Water
Un tema moi intimo creado durante o confinamento
https://www.youtube.com/watch?v=T274780Ammo&feature=emb_logo
DISCOGRAFIA PREVIA:
Desconhecido
Música, poesia, ilustraçom e cómic.
No concerto desfrutarás da música sincera de Berlai, e também da narrativa ilustrada ao vivo e projectada. Uma travessia por uma história emotiva e real: A história de um homem desconhecido, de um homem solitário, que preferiu viver a sua vida como se fosse um sonho.
Uma história que combina de maneira consciente uma mistura explosiva de realismo sujo, cru e obsceno com o lirismo mais refinado. Onde o romantismo e a história de amor não conseguem escapar do sexo, da loucura e do desespero.
Entra no mundo do Desconhecido. Deixa-te arrastrar com nós e desfruta de uma experiência única que não deixará indiferente..
Axóuxere edita a banda deseñada-CD coa que se presenta a banda.
A BANDA
BERLAI ao completo:
- Bruno Couceiro (batería e percusons)
- Iago Mouriño (teclados)
- Ernesto G. Torterolo (desenhos)
- Pablo Pérez (baixo)
- Xiao Berlai (voz, mandolina, guitarra e composiçons)
No cd podemos atopar os temás:
Quem pudera ter sido...?
Intro Far West
Far West
Abro a janela
Só uma noite não é nada
Cruzei mares
Mil sorrisos
Só queria repetir
Às vezes..., perdim-te
Atacado de piolhos
Um livro estranho
Hoje é por fim... nós
Chegando a Mordor (Bonus Track)
Gravados nos Estudios Cormorán da Escravitude
Podedes escoitar dous temas no bandcamp:
https://berlai.bandcamp.com/album/desconhecido
Um Livro Estranho
Sesións Destelo
Berlai Mil sorrisos
https://www.youtube.com/watch?v=A0Llo080LCs&fbclid=IwAR13NwHB5TmTS0alizxhmv7pdl_FPERszzI_DpnDpctkrXyp9mLfpL2FN5w
Contacto: