Para escoitar PUNTADA SEN FIO premede eiqui
XIANA LASTRA voz
JUAN COLLAZO percusión
ROBERTO RAMA saxofón
Despois de varios anos participando en varios grupos do panorama musical galego como Odaiko, Fía na Roca, Os d'Abaixo, A miña primeira Rosalía ou O meu primeiro Celso Emilio, nace "Puntada sen fío", trío musical formado por tres amigos e músicos que apostan por un formato reducido e por unha sonoridade diferente e orixinal para achegarse á música tradicional e de autor do noso país.
A lúa prendeu a luz (maio 2015)
Trátase dun disco formado por nove temas de moi diferentes estilos, partindo algúns do tradicional e sendo outros composicións propias, de autores da nosa terra ou traducións de cantigas escritas orixinariamente noutras linguas.
Na liña habitual do grupo, destaca a sonoridade orixinada polos instrumentos que utilizan (saxo e vibráfono) e que puxeron en mans de Pedro Lamas, Roberto Somoza e Adrián Saavedra, que se ocuparon dos arranxos.
O fío conductor de "A lúa prendeu a luz" é o tempo. Tódalas cantigas falan sobre el: narrando acontecementos clave da nosa historia, aconsellando as mellores fórmulas para afrontar o seu paso e non temer ao futuro, lembrando os amores que marcharon e non voltarán... letras profundas e de calado que non deixan a ninguén indiferente.
Coa participación de Xacobe Varela poñendo a voz en “Ron-Ron”e Paco Barreiro en “Eco”
Gravación, mesturas e masterizado: Adrián Saavedra
Deseño gráfico: Seispés Producións Creativas
Ilustración da portada: Celso Dourado
Gravado en Merza e Cerponzóns en abril de 2015