DELEGACIÓN GALEGA EN LORIENT 2016

Delegación Galega do Festival Interceltique de Lorient
“O mellor da música galega desembarcará en Lorient ”

● A Delegación Galega do Interceltique de Lorient estará conformada por arredor de
150 músicos e bailadores.

● Participarán no festival urbano máis importante de Francia e do mundo dende o 5
ao 14 de agosto e que se adica por primeira vez a Australia.

O Festival Interceltique de Lorient naceu hai 46 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e
Irlanda) e o norte de España (Galicia e Asturias).

Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas, canadienses ou latinoamericanas.

Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4 .500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 1 00.000 espectadores de pago e 7 00.000 visitantes , o que
o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo.


● Representación galega

Un ano ben completo para Galicia, pois arredor de 150 galegos amosarán o seu bo facer nos distintos escenarios do festival. No eido da música folk serán R iobó os primeiros en amosar a súa proposta coa que están colleitando éxitos en cada concerto; estarán tamén V aamonde, Lamas & Romero amosando o seu estilo inconfundible na vila.

Na parte máis tradicional os composteláns Brincadeira amosarán o mellor do baile e as
banda de gaitas C ántigas e Frores (Lugo) e Malante (Malpica) o mellor da nosa música.


O dúo A Vagaba participará no ciclo de músicas sacras, e participarán no concurso M acCrimmon o s gaiteiros Xesús Rodríguez, Daniel Fernández, Víctor Antelo e Jorge Gándara.

Haberá master‐class de baile tradicional...

A presenza galega acada un dos seus grandes anos na vila bretona, deixando claro que a
música galega é cada ano máis internacional.