CRISTIAN SILVA

Cristian Silva é un artista polifacético con dominio de diversos instrumentos i en variados estilos. Posúe unha ducia de primeiros premios en concursos de música tradicional, destacando o Premio Gaiteiro de Soutelo 2011. Podemos atopalo en diversas publicacións e gravacións discográficas, e na súa traxectoria e colaboracións podemos citar multitude de artistas como Carlos Núñez, Susana Seivane, Rosa López ou Rosa Cedrón entre outros.


Ego, o seu primeiro traballo en solitario, significa un paso adiante necesario dentro da súa traxectoria logo de anos dedicado á formación e á participación en diversos proxectos artísticos. Ego é unha viaxe onde, a través de dez estacións, a gaita e as frautas mestúranse cos sintetizadores e a percusión galega para levarnos a un novo e anovador planeta sonoro. Así, a tradición fúndense coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop.

Producido ao completo polo propio músico, Ego ten influenzas de rock, flamenco e música electrónica onde, dende un prisma persoal, Silva toca o medio cento de instrumentos que se poden escoitar ao longo dun disco que está, ademais, aderezado polas colaboracións de artistas de renome como Davide Salvado, Pedro Pascual ou Pandeiromus.

1 A insignificante historia do home astronómico
2 Alma de Invemo
3 Cantos roubados
4 Tefio medo dela
5 O conto do pequeno batedor
6 Momento pop para Marzo
7 Arrieiros
8 Madames
9 Silva verde
10 Encélado de sal

A insignificante historia do home astronómico 

https://www.youtube.com/watch?v=Ec-SQylVE88

 https://www.youtube.com/watch?v=Ec-SQylVE88


Podedes escoitar máis temas de Cristian Silva no seu Sondcloud

 https://soundcloud.com/cristian-silva-ego

CONTACTO:

info@cristian-silva.com