Repente Galego é un libro editado pola Centarl Folque, escrito por Ramon Pinheiro (diretor d’aCentral Folque) e Sergio de la Ossa (professor d’aCentral Folque), e foi presentado no Culturgal 2016
Este libro é a primeira monografía adicada a este tema escrita na Galiza, un exhaustivo traballo sobre as implicacións, prácticas, reflexións e protagonistas da improvisación oral galegas en contexto con outras manifestacións noutros lugares que aínda se conservan e practican. Unha investagación de máis de cinco anos e un ensaio necesario para comprendermos un pouco máis do noso patrimonio inmaterial.
Prólogo realizado polo investigador basco Joxerra Garzia.
“Unha vez máis, fica patente que a auténtica modernidade se alcanza profundando na tradición e non imitando modelos foráneos. Cando se aposta en serio por afondar e actualizar a esencia das tradicións, o resultado é case sempre satisfactorio: por unha parte, os novos xéneros dótanse dunha raíz que os afasta do perigo de non ser senón unha moda pasaxeira; por outra parte, os xéneros tradicionais asegúranse unha supervivencia que non se reduce á condición de obxecto de museo. ...”
"Porque onte no Culturgal
enterouse toda a xente
que hai un libro do improviso
que hai un libro do Repente!
Gústanos moito ese libro
porque fala de regueifa
tamén vos fala dos brindos
que bota o señor Ribeira
e non só che fala disto
á parte de toda a pesca
tamén fala das orixes
da tenzón trobadoresca
outra cousa q nos gusta
son as fotos e pinturas
analiza as melodías
até trae partituras!
e despois para acabare
para eles e pra elas
fala tamén do hiphope
e disciplinas paralelas!
En fin minhas compañeiras
non vos dou máis o coñazo
a verdade que este libro
mais cá un libro é un librazo!!"
porque fala de regueifa
tamén vos fala dos brindos
que bota o señor Ribeira
e non só che fala disto
á parte de toda a pesca
tamén fala das orixes
da tenzón trobadoresca
outra cousa q nos gusta
son as fotos e pinturas
analiza as melodías
até trae partituras!
e despois para acabare
para eles e pra elas
fala tamén do hiphope
e disciplinas paralelas!
En fin minhas compañeiras
non vos dou máis o coñazo
a verdade que este libro
mais cá un libro é un librazo!!"