CRÓ


O berro de Cró! de novo pode ser escoitado. Dentro das composicións do cuarteto de Vigo hai un ritmo e un discurso, unha latencia que, fóra dos balanceos da industria musical e as modas, vai crecendo e facéndose máis rico e complexo co paso dos anos: Mounstros (Metamovida, Nooirax, La Choza de Doe, 2016) é o cuarto álbum de estudio da banda, e conforma, modela, perfila ese berro interior (Clawdia, Roquentin, Mounstros) e exterior (Videovigilada, PDF) montado sobre unha instalación multicapa de sintetizadores, ritmos, guitarras e idiomas – galego, castelán e inglés sucédense no álbum – e , por que non, estructuras de xogo (Zapruder, Dezin, UniCró!nibot). As armas de Cró! diversificáronse en estilos e sonoridades ata o punto de facer deste disco unha colección sen par de discursos mantendo inalterábel o espírito primixenio da banda. Gravado nunha única execución en directo nos Estudios Brazil de Madrid da man de Javier Ortiz, Mounstros clava unha pica en novos terreos conquistados polos vigueses, uns puntos de partida inmellorábeis.

Mounstros (2016), gravado no Estudio Brazil de Madrid e con deseño de Fortun Fortun, está deseando que o saques a pasear por aí, que o poñas no teu tocadiscos, que o metas no coche, que o regales polo Nadal, que lle metas caña e o exprimas no teu garito.
O disco conten o tema en galego Zapruder.
Tés, tés unha cousa aí
Nun ollo
Quita, déixame a min
Ves, xas está, podes abrir
Os ollos
Que aínda seguen aquí
Con nós.
Ves, xa está, podes abrir
Os ollos.

Podedes escoitalo en:  https://spacecro.bandcamp.com/track/zapruder

DISCOGRAFIA PREVIA:

 Pera (2014)

O Disco inclue o tema en galego 32
que podedes escoitar en: https://spacecro.bandcamp.com/track/32 













CONTACTO: 
Contratación: info@spacecro.com (+34669391921)


MÁIS INFO EN: www.spacecro.com www.spacecro.bandcamp.com