Na selección de pezas que esta grande orquestra interpretará estarán as referencias da música infantil mundial de todos os tempos, mais será a música infantil galega o eixo sobre o que xirará a escolla, e neste eixo partiremos do repertorio de música infantil máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no País e que xa neste momento son seguidas por fans miúdos alí por onde pasan.
A formación musical da pequena e grande orquestra é de luxo:
Carliños Freire á batería
Pablo Vidal no contrabaixo
Javier Costenla no piano
Benxamín Vázquez á guitarra
coas voces ao fronte de :
Sabela King
Javi Gradín
Nerea Bello
Todas elas e eles músicos que proveñen da escena musical galega contemporánea que farán bailar e cantar a grandes e pequenas.

CONTACTO:
info@urdime.net