Miguel Vázquez (Gaita e saxo)
Antonio Prado (Percusión)
Tania Caamaño (Voz e percusión)
Fran Barcia (Acordeón)
Antía Ameixeiras (Violín)
Carlos Barcia (Guitarra)
Isaac Pérez (Batería)
A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinan temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia.
Achegan un folk fresco con personalidade propia. Veñen da canteira da música tradicional que recrean e presentan un proxecto integrado por gaita e saxo, percusións, voz, acordeón, violín, guitarra e, como novidade na xira 2017, batería.
Un novo son que xurde das inquedanzas musicais e que se presenta en 2013. Gañadores do QueroStar no Son do Barbansa 2014 e 2º premio no certame MúsicaXove'14 na Sala Capitol, tocaron en festivais coma o FAM, Asalto ao Castelo, Folk Catalmibre, Festa Galega ou as Bodas de Isabel (Teruel), e colaboraron con eles músicos da talla de Kepa Junkera, Brais Maceiras ou José Catoira.
Teñen gravado co productor e músico Fernando Barroso e masterizado por Tomás Ageitos (Estudio A Ponte, Teo). Tamén recente coa Fundación SGAE Noroeste e en BonhamStudios, ademais de presentar en xaneiro de 2017 un videoclip de MMweb cun adianto da nova sonoridade.
Samarúas - NØN
Realizado por Marcos Martínez e María Gutierrez
CONTACTO:
info@samaruas.com
MÁIS INFO: