XULIO LORENZO


Xulio Lorenzo é un músico e compositor Galego nacido en Louredo, unha parroquia do Concello de Mos na provincia de Pontevedra.

No 1997 pasa a ser integrante da Banda de gaitas Xarabal de Vigo, dirixida polo Mestre de Mestres, Antón Corral.
Compositor, é autor de varias obras tanto para gaita como para frauta doce ou whistle destacando a “Muiñeira de Mos” e a “Alborada Camiño da Rosa”adicadas o seu Pobo,esta última, presentada coa colaboración dos grupos de gaitas de Mos. Máis de 80 músicos interpretaron a “Alborada Camiño da Rosa” no día da súa presentación.


No ano 2015 comeza unha aventura musical no Brasil, unha xira de tres meses da man do grupo Gaiteiros de Lume. Con eles participa en concertos por todo o estado así como na gravación do segundo álbum dos músicos curitibanos. Xa de volta en Galicia é convidado a viaxar de novo, esta vez a Italia onde fai unha xira polo sur da man do grupo Napolitano Brigan.

A finais do 2015 decide dar forma as súas composicións reunindo con él un equipo formado por grandes músicos do panorama musical actual. Paco Dicenta(Baixo eléctrico), Diego Bea(Guitarra), Roberto Comesaña(Acordeón), Ioana Pérez (violin), David Outumuro(Percusións) e Alberto Vilas (piano,teclado) como última incorporación.




Cantos da ialma (2017)

Para o seu primeiro traballo discográfico Xulio conta con grandísimos artistas convidados, todos eles de talla internacional , Bieito Romero (Luar na Lubre), Marcos Campos (Riobo, Crema de Gaita), Pedro Fariñas (TRIM), Alberto Vilas ( Alberto Vilas Quartet, Tangata), Marisé Balado( Arume, SondeSeu)e a Banda de Gaitas Xarabal.




Cantos da ialma

1-Muiñeira de Mos
2-Bonequiña
3- Cantos da Ialma
4-Brigan Vals
5- No Mar Heite Amar
6- Ostara in Gallaecia
7- Saudades
8 – Miña Nai
9 – Desexo Inesperado
10- Muiñeira de Chisco
11- Alborada Camiño da Rosa
12- A Illa das Bágoas
San Simón, a Illa da Memoria, considerada un dos centros penitenciarios máis temidos da Guerra Civil, foi inspiración para este tema o cal escribe a letra a poetisa de terras do Morrazo, quen sabe se descendente do mesmo Joâo de Cangas, Lara Boubeta Bamio. Xulio pon a voz e  Pedro Fariñas coa gaita de Sol e o Mestre Alberto Vilas  co seu piano acompañan a melodía.
Colaboracións especiais: Alberto Vilas, Pedro Fariñas.

“Berrando no medio do mar,                     Danzan as mozas preto da ría    

privados de toda vondade,                        cos ollos cheos de saudades  

ninguen poderá calar                                 unense os nenos a melodía
o desexo de liberdade….                           coa música pola liberdade…
                                                                          

No máis profundo da ialma,                      Baila a marea bicando a Illa
lonxe de ser fusilados                                co sangue tinguindo a praia
o sentimento de pertenza                           non se esquece o berro da Vila
a terra de corazón morado…                     pois se escoita…cando soa a Gaita”


Chora o vento, o vento do norte 
que só pode ser escoitado
nos folgos daquel gaiteiro        
co seu chorar no punteiro…         


Xulio Lorenzo Cantos da Ialma 

https://www.youtube.com/watch?v=Ptk8I7dP1h8

 Videoclip gravado no edificio rehabilitado do Rexistro Mercantil de Vigo e na Serra da Groba. Realizado por Alicia Francés

 https://www.youtube.com/watch?v=Ptk8I7dP1h8


Máis información e enlaces de interés:
www.xuliolorenzo.com
Facebook: Xulio Lorenzo
Instagram: @xuliolorenzo_oficial
xuliolorenzo@gmail.com