PAPI E MAMI


Papi e Mami é o nome artístico que adoptan Jorge Juncal e María López.

Jorge Juncal Músico multiinstrumentista con anos de experiencia como acordeonista en diversos grupos folk do país: Anubía, Macfeck, Faltriqueira ou Beladona. Actualmente compaxina os concertos co traballo de estudio como arranxista e produtor musical.

María López (Faltri) Compoñente do grupo vocal Faltriqueira, formación que leva mais de 15 anos percorrendo escenarios nacionais e internacionais interpretando música tradicional galega e ritmos étnicos doutras latitudes. Ambos os músicos forman parte da escena infantil músico-teatral dende hai 5 anos. Traballaron en varios repertorios que acadaron o recoñecemento do público e programadores como a saga de “A Nena e o Grilo” , “Gatuxo” ou “A Banda das Apertas”


PAPI E MAMI presentan a súa primeira edición conxunta, o libro/disco “FANTASÍA COAS PALABRAS”

Con cada letra do abecedario podemos crear tantas aventuras como queiramos! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañarannos nesta viaxe de Fantasía coas palabras.

Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida, adaptación para o galego parte dos textos orixinais de Rosa Modrego editados no libro "Versos de fantasía. Una letra para cada día".

Proxecto destinado a público infantil de 3 a 9 anos, que aporta un compendio de poemas musicados onde as protagonistas son as letras do abecedario.

As cancións son apoiadas por ilustracións de Xosé Tomás, que axudan a contar a historia de cada letra.

Papi e Mami Rosiña

https://www.youtube.com/watch?v=nL_guapdoc4


CONTACTO:

mariafaltri@gmail.com