CHANÉ na Habana


A Praza da Quintana acolle o sábado 29 de xullo a estrea do espectáculo galego-cubano Chané na Habana



O pianista cubano Alejandro Vargas, acompañado por Rosa Cedrón e por unha selección de artista de distintas nacionalidades, ofrecerán una versión actualizada da música do xenial compositor galego


Santiago de Compostela acolle esta fin de semana a estrea do espectáculo musical galego-cubano Chané na Habana, capitaneado polo pianista Alejandro Vargas, xunto con Rosa Cedrón, José Manuel Díaz, Luis Alberto Legido, Javier Barral, Myquel Gonzáles –un dos trompetistas de jazz máis recoñecidos da escena musical cubana- e a Camerata Egeria, unha selección de músicos da Real Filharmonía de Galicia coordinada polo contrabaixista Alfonso Morán.


Santiago é a cidade na que Chané naceu e adquiriu a súa formación musical, converténdose nun neno prodixio da guitarra e da bandurria e xirando coa Rondalla Chané por cafés e teatros de Galiza, Portugal e España. E agora, un espectáculo exclusivo ofrecerá unha visión nova e desprexuizada da súa música. Dezaseis músicos de Galicia e de Cuba -e tamén de España, de Hungría, de Xapón ou de Romanía- tocan, actualizan e comparten a súa música.


Unha grande produción que destaca a dimensión e a relevancia popular das músicas de Chané e aborda a obra do xenial compositor galego dunha maneira inédita: desde o sentir musical cubano.

O día 3 de agosoto o espectáculo Chné na Habana desprazarase a Paraza de maria Pita en A Coruña.