No 2014, en Lugo, Volk Gz xunto con Legen formaron o dúo de hip hop Tinta Rebelde cunha linha musical baseada na rebeldía e no inconformismo, chegando a dar concertos en diversos centros sociais, locais e bares.
Ese mesmo ano, Volk Gz sacou o seu primeiro traballo individual en galego, titulado “O home rebelde”, inspirada na obra co mesmo nome de Albert Camus. Un traballo composto de 10 temas onde colaboraron Norek, Sanchez Ceive, Doga e Miss Ruiness. Os temas de dito traballo están caracterizados por darlle voz aos propios pensamentos, inspirados na metacognición e aplicando paradigma sociocrítico. As instrumentais son todas expropiadas de internet e todolos temas foron gravados e masterizados por Sanchez Ceive. Podes escoitar o traballo completo e sen censura* aquí: https://mega.nz/#F!qt0DTZYK!AuQzugbNP7sYMb5BSfindA
*O tema nº 06 atópase censurado en Youtube no territorio espanhol por unha orde xudicial.
No 2015, Volk Gz subiu un novo traballo “Pensar e actuar” composto de 5 temas gravados en La trinchera. Podes escoitar a lista de reproducción no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLfuQCFsfsD0UC5WlktthZfm4MJu2Ul79K
A nivel audivisual, Volk Gz ten dous videoclips:
Sentido Crítico
Para estar ao tanto de calquer novidade, aquí deixovós o enlace da súa canle en youtube:
https://www.youtube.com/user/TintaRebelde
Contacto:
Tintarebelderap@hotmail.com
Twitter -> @TintaRebeldeRAP
Facebook -> https://www.facebook.com/TintaRebeldeRap/