NADA(L)

13 PANXOLIÑAS ORIXINAIS DE 
13 BANDAS GALEGAS ACTUAIS


LEVAMOS ANOS, DÉCADAS, XERACIÓNS ENTEIRAS CELEBRANDO O NADAL COA MESMA MÚSICA DE FONDO. AÍNDA POR RIBA, CASE SEMPRE CON PANXOLIÑAS IMPORTADAS DOUTRAS CULTURAS E DOUTRAS TRADICIÓNS, E QUE NIN SEQUERA SABEMOS QUE QUEREN DICIR COAS SÚAS ARREVESADAS LETRAS. PERO OS TEMPOS SON CHEGADOS. É HORA DE PREGUNTÁRMONOS SE A ESTRELA QUE SEGUÍAN OS REIS ERA DE CAÑA OU DE BOTELLA, DE SOSPEITAR QUE FACÍA TANTO CAMELO CHAMANDO AO INTERFONO DO PORTAL DE BELÉN, DE LEVAR AS ZAMBOMBAS PARA O FAIADO E DE TIRAR COAS BOTELLAS DE "ANÍS DEL MONO" (LOGO DE BALEIRAR O SEU CONTIDO, MADIA LEVA...) E HORA DE REMATAR CON TANTA NOITE DE PAZ E DE ARMAR A MARIMORENA, PERO DE VERDADE, PORQUE AS NOSAS PANXOLIÑAS VEÑEN AGORA CARGADAS DE ENERXÍA SONORA, DE LETRAS PODEROSAS E DE DECIBELES!.

TRECE DAS MELLORES BANDAS GALEGAS DE BLUES, POP, ROCK, SKA, METAL... ACEPTARON O RETO DE XONIX RECORDS E XUNTAN AQUÍ AS SÚAS FORZAS PARA ACHEGAREN ENTRE TODAS UNHA NOVA INTERPRETACIÓN DAS MELODÍAS DO NADAL, SEN RENUNCIAR A CADANSEU ESTILO, PERO, AO MESMO TEMPO, OFRECÉNDONOS UNHA FACETA DISTINTA, ARRISCADA E SORPRENDENTE DO SEU LABOR MUSICAL.

ESTÁS BANDAS SON:
ESPIÑO
ESPOSA CON PANTIS
RUXE - RUXE
PITI SANZ
RAIBA
ZËNZAR
MASKARPONE
THE LÁKAZANS
ACIDPROYECT
TU MUJER NOS ENGAÑA
LIVIAO DE MARRAO
SOM DO GALPOM
OSCAR AVENDAÑO Y LOS WAVY GRAVIES

OLLO!,  QUE NON ESTAMOS FALANDO DE NOVAS VERSIÓNS DAS PANXOLIÑAS DE SEMPRE: SON TEMAS INÉDITOS, DE ABSOLUTA CREACIÓN PROPIA, NUN ÁLBUM CENTO POR CENTO ORIXINAL EN TODOS OS SENTIDOS!. UNHA PROPOSTA QUE PON PATAS ARRIBA A MÚSICA DO NADAL E QUE É CAPAZ DE DEIXAR COA BOCA ABERTA A PAPÁ NOEL, O APALPADOR, OS REIS MAGOS E TODA A DEMAIS TROPA QUE SAE DO SEU LETARGO ANUAL NESTAS DATAS.

TAL VEZ DENTRO DE TRINTA, CINCUENTA OU CEN ANOS AS NENAS E OS NENOS DA GALIZA CANTEN NA NOITEBOA AS PANXOLIÑAS DESTE ÁLBUM PENSANDO QUE SEMPRE ESTIVERON AÍ, E QUIZAIS PENSANDO TAMÉN QUE XA VAI SENDO HORA DE QUE ALGUÉN MANDE AO CARALLO TANTO CLÁSICO RANCIO E ANTICUADO.

O TRABALLO SAIRÁ EN FORMATO DIGIPACK QUE ESTARÁ A VENDA EN MÁIS DE 100 PLATAFORMAS DIXITAIS A PARTIR DO DÍA 1 DE DECEMBRO, E EN FORMATO FÍSICO EN VARIOS PUNTOS DE VENDA DA GALIZA A PARTIRES DO DÍA 6 DE DECEMBRO.

ESTE TRABALLO ESTÁ PROLOGADO POR HÉCTOR CAJARAVILLE ARAÚJO (PREMIO XERAIS 2015, PREMIO RAIÑA LUPA 2015, PREMIO ÁNXEL FOLE 2016), ASEMADE, A ENCARGADA DO DESEÑO FOI LAURA ROMERO, REPUTADA DESEÑADORA E ACTUAL BAIXISTA DO GRUPO DE ROCK “ZËNZAR”.

www.xonixrecords.com
EDITADO POR :

www.xonixrecords.com


MAIL xonixrecords@gmail.com