ANDREA POUSA

Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. Ten a capacidade de convertir cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora.

Foi membro do grupo vocal femenino vigués de arte creativa “Sueño de Calíope”, durante 10 anos.

En 2014 funda Queiman e Pousa, empresa de espectáculos, comprometida coa Cultura Atlántica, onde se desenvolven diferentes espectáculos con temáticas adaptadas a cada evento e lugar. Cunha labor e recoñecemento nacional e internacional.

É a voz principal de KELTIA O MUSICAL, o musical que transmite a espiritualidade da cultura celta e romana, o seu contacto coa natureza, tradición e a súa esencia.



Retorno (2021)

Álbum no que fusiona o folclore galego e o portugués con sonoridades pop, latinas e electrónicas

Once temas, máis un de agasallo, conforman o novo disco, no que a artista arraina se mergulla nas augas do Miño para cantar sobre a vida, o amor ou o respecto en tres linguas: galego, portugués e castelán.

Andrea Pousa propón un traballo moderno, no que se inclúen os sinxelos Axendados, Camiñares, Alalá Meigo ou Atrapados, que conecta as súas orixes coa contemporaneidade e no que se acompaña na produción do pianista portugués Paulo Borges.

AXENDADOS



Tema incluido no segundo álbúm de Andrea Pousa, Retorno, no que fusiona o folclore galego e o portugués con sonoridades pop, latinas e electrónicas.

Gravado en: “Plateia de Ilusões” por Vasco Teodoro en (Almada, Portugal) e en “Casa de Tolos” (Gondomar, Galicia) por Segundo Grandío.

Mistura e masterización: Segundo Grandío

Dirección e Produción Audiovisual: Oco Visual Media




RESPIRAR (2017)
Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que etiquetalas, mesmo verbalizalas.
Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.

Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.
TEMAS
1- Cartas ao lonxe
2 – Pasa o Río
3 – Respirar
4 – Despedidas
5 – Nana de Seu
6 – Cando penso que te Fuches
7 – Mi Luz
8 – Voces que Tiran Muros
9 – Por Fin
10 – Sen Claves
11 – Sin Ti
12 – N`alén

O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa súa voz clara e firme.

Un estilo de canción que sitúa os seus propios límites na contorna do Atlántico.

Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.

Andrea Pousa - Cartas ao lonxe

https://www.youtube.com/watch?v=cGLf5YPFimw&feature=share

 https://www.youtube.com/watch?v=cGLf5YPFimw&feature=share

 

CONTACTO:  

 contacto@andreapousa.es