BUDIÑO é un artista atípico, un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons mais contemporáneos.
BUDIÑO ten publicado ate o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA e SOTAQUE.
As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso.
BUDIÑO fórmase na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Mais tarde atopa o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie o la Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros.
BUDIÑO & DE VACAS
Fonte de Amorar
Dirección: Inés Salvado Gontad
https://www.youtube.com/watch?v=IC01JE_XOrE
Budiño e Leilía
Branca Vela
Branca Vela
2019 FULGOR (2019).
Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGORun novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.
Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.
O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.
Pisar terra e querer tocar ceo.
O ceo de Galicia, de New York, de Cabo Verde ou de México
Deseño portada: @anazonbydrumbalo
FULGOR ven armado de grandes letras.Letras de poetas (Antía Otero).Letras de songwriters (Xoel López e Vega).Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.
Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia “Santiago” e “Bos Amores”.
Temas
Fulgor
Poderosa
Frida
Pulso
Santiago
Boreal
San Xoan
Sós
Obertura
Bos Amores
BUDIÑO
Santiago
Letra de Xoel Lopez
DISCOGRAFIA PREVIA:
Paralaia", o primeiro disco de Budiño, cumple 20 anos. A súa publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk. Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado.
A súa infancia, as lendas do monte Paralaia, o mar, os seus comezos... todo esto está reflectido nas ilustracións deste coidado traballo a cargo da ilustradora Ana Zon.
O libro-disco estará á venda e todas as librerías e grandes superficies a partir do 5 de decembro de 2016. De forma excepcional, dende o 2 ata o 4 de decembro, o libro-disco venderase ao público haberá un stand (o número 84) no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas.
O libro-CD conta co deseño e ilustracións: Ana Zon.
A remasterización correu da man de Arturo Vaquero.
Fotos realizadas na presentacion de Paralaia no Auditorio do Pazo de Congrasos en Pontevedra no enlace:
https://musicaengalego.blogspot.com/2015/12/fotos-budino-no-culturgal.html
SOTAQUE (2013)
Gravado no seu estudio “Ardora” e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”.
Editado por Fol Música.
Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.
Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.
Colaboracións:
* ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en “Déixame Adiviñar”, unha letra escrita por Carlos Blanco.
* LUIS TOSAR imprime o seu SOTAQUE cantando á vida, á saudade, na canción “Hoxe canto en Libertá” con letra de Celso Emilio Ferreiro.
* Os CANTAREIROS DE O FIADEIRO cantan e tocan as pandeiretas no único tema recollido da tradición galega, onde a gaita de BUDIÑO aparece mestúrase como unha voz mais do grupo de cantareiros.
* MICHAEL McGOLDRICK coa súa frauta máxica desde Manchester toca unha muiñeira, que da título ao novo traballo de BUDIÑO, SOTAQUE.
Outros titulos no disco: Serán de Maias, Chal Indiano, Bica na Baiuca, Nubeiros e Tronantes....
Volta (2010)
Home (2007)
Zume de Terra (2004)
Arredor (2000)
Paralaia (1997)
MAIS INFO EN:
http://xosemanuelbudino.com
Contacto, Contratación: booking@budinomusic.com