PACO NOGUEIRAS RADIO BULE BULE

“Radio BULEBULE”, é o novo libro-CD de PACO NOGUEIRAS publicado por KALANDRAKA, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.

"Abre as orellas, palabras a voar saíndo pola antena, aterrando polo chan. O falar non ten cancelas, vai de aquí para acolá. Chega a radio falangueira que te vai facer pensar"

O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.


As cancións deste libro-disco dirixido a público infantil e familiar dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades, faladoiro, noticias, información deportiva e ata previsión meteorolóxica. Intercalados entre os doce temas tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios do medio radiofónico, co que Paco Nogueiras destaca o papel da comunicación como canle de expresión e coñecemento, intercambio de opinións, nexo entre culturas e exemplo de avance tecnolóxico.

Os ritmos modernos, pegadizos e bailables caracterizan estas composicións, seguindo o estilo de “Brinca vai!”. Co que fora o seu primeiro traballo discográfico propio, Paco Nogueiras recibiu o Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría infantil e durante os últimos anos percorreu numerosos escenarios, festivais, escolas e bibliotecas de toda Galicia.

Tanto nas ilustracións de David Pintor para o libro impreso como na posta en escena dos espectáculos, Paco Nogueiras consolida a inconfundible fisonomía do seu personaxe, cos seus lentes, a vestimenta azul e o inseparable chapeu; elementos que tamén están presentes na estética dos videoclips das cancións, artellados ao xeito dunha curtametraxe.











Radio BULEBULE
https://www.youtube.com/watch?v=NYSpe_kzP_4&feature=youtu.be



“Radio BULEBULE” contou coa colaboración do músico e comunicador Xurxo Souto e da asociación Ponte… nas ondas!, que asinan -respectivamente- o limiar e o colofón da obra. Ademais, participan unha ducia de xornalistas -Ainhoa Apestegui, Emilio Españadero, Xabier Fortes, Pablo Lago, Susana Pedreira, Xosé Manuel Pereiro, María Xosé Rodríguez, Ana Romaní, Henrique Sanfiz, Tino Santiago, María Solar e Fernanda Tabarés- achegando impresións e anécdotas das súas traxectorias profesionais.



tenda online www.kalandraka.com

Mías info en: 
https://www.facebook.com/RadioBulebuleBrincaVai/










CONTACTO: 
paconogueirasnodar@gmail.com