María Jorge, violinista, formouse na E-trad de Vigo e leva varios anos participando de maneira activa na escena folk. Ten traballado con diferentes artistas e bandas así coma en proxectos propios.
Pedro Fariñas, con gran traxectoria dentro do mundo da música tradicional e folk como gaiteiro, aposta desta volta polos arranxos e harmonización a través da guitarra.
Con este proxecto pretenden afondar na revisión do repertorio tradicional galego ademais de traballar nas súas propias composicións.
Actualmente están a presentar o seu primeiro álbum gravado integramente en directo en Outono de 2018. Neste proxecto, Caldo pon o foco na zona de Moscoso, en concreto no repertorio vocal das irmás Garrido: Rosa e Aída.
Para isto, contaron coas recolleitas do mestre Xisco Feijóo e coa colaboración de Anaïs Barbier á voz e pandeireta empregando así tres pezas deste repertorio como fío condutor do álbum no que tamén incluén temas de composición propia (Pedro Fariñas) e un fandango, Fandango cf16 , extraido da Colección Feijoó .
Arrolo de Cumieira
https://www.youtube.com/watch?v=1i8uO9wDQvo
Son Caldo quenes traballan nos arranxos, buscando aportar novas sonoridades e conceptos contemporáneos ás pezas. Un dos bxectivos do conxunto é buscar a equidade entre os diferentes instrumentos, razón pola que se decide gravar o disco en directo buscando una relación orgánica e natural entre eles e conseguindo deste xeito que a enerxía do directo quede plasmada na gravación.
Caldo Acorro Arranxo de Caldo sobre unha melodía tradicional da zona de Tordoia Gravación e mestura: Alberto Cernadas Mastering: Alex Psaroudakis Realización e edición: Montse Piñeiro Animación: MeliMolita e Montse Piñeiro https://www.youtube.com/watch?v=6GtvDh4Bcrk |
CONTACTO:
caldomusic.gz@gmail.com