Malraio é un grupo compostelán, formado por catro coñecidos da escena rock compostelá, a saber:
Jaime Pombo (guitarra, ex Fulsomes, Lorchas, Mato Grosso),
Manu Raña (guitarra, ex Gintonics),
Jacobo Iglesias (batería ex Samesugas, Lorchas) e Roi Fernández (baixo e voz, ex The Homens, Grampoder, Mato Grosso)
Coa tensión entre guitarras coma fío condutor, as cancións de Malraio axexan polas cunetas da contemporaneidade e poñen o dedo na chaga da sociedade actual: as falsas necesidades creadas, o illamento disfrazado de éxito social e as vías turbias de escape en momentos de crise persoal.
Prótese EP.
gravouse no Estudio A Ponte, con Tomás Ageitos.
O disco inclúe cinco temas, cantados en galego, que van desde o post hardcore ao pop máis pantanoso.
Delorean
Zoo da working class
Extrasístole
Funambulistas
Tyskie
Prótese EP pódese escoitar en: https://malraio.bandcamp.com/album/pr-tese-ep
CONTACTO:
somosmalraio@gmail.com