MARIA FUMAÇA AS QUE MAIS MOLAN



As que máis molan (2017)

A familia María Fumaça celebra cinco anos de travesía reunindo un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás favoritas do público.

Presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir. Unha ollada diferente sobre o mundo. Unha ollada mellor.

As que máis molan, un libro+cd editado por Galaxia na colección Sonárbore.

MARÍA FUMAÇA


María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida.

Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Serginho Sales,Magín Blanco, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle, e moitas amigas e amigos ... viaxan no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.



María Fumaça nace como unha idea de Uxía para agasallar a Ruí, o seu afillado, un neno marabilloso que ten unha discapacidade. Dende hai anos, polo nadal, unha morea de artistas amigos xuntábanse na casa de Ruí para agasallarlle as súas cancións, a súa alegría, e para facer entre todos esta gran festa da vida que é María Fumaça. Tamén móstrannos a todos que a diferenza, vivida con normalidade, amplía os nosos horizontes e fai o noso mundo máis grande.

O noso lema máis festivo: Cantar e bailar para ser máis feliz!!!!!!!!

Contratación:
Rosa Salgado rosasalgadogomez@gmail.com
639 35 08 79