Obal trae a súa música dende as Rías Baixas en Galicia, onde nace este proxecto pensado e creado dende o baile. Xa nos seus comezos, no 2014, a música folk e a danza únense en Obal, seguindo unha corrente en auxe en toda Europa: o bal-folk.
Cun repertorio tradicional e tamén novas composicións propias e doutros autores. Bourré, xota, scotish, mazurka, brandle, muiñeira, circassian, etc.
Baile en Massó
Será o seu primeiro traballo discográfico, a gravación dun repertorio que comezaron no 2015 e que gravaron en directo en Ancestral Estudios con Isaac Millán aos mandos. Ademaís contaron coas fotos de Fernando Iglesías Fotografía, os videos de Bea Besada Homestudio e os grandes bailadores Mercedes Prieto e Sergio Cobos.
A localización nas ruínas da antiga fábrica de Massó (Cangas), é a sua particular homenaxe a tódal@s mulleres e homes traballadores do mar e sobre todo ás baleas.

OBAL Cowdfunding
Obal
Unha
banda formada por Jaime Rebollo, Iván Costa e Diego Langarika, cos seus
atípicos instrumentos: bouzouki, zanfona e nyckelharpa.
Participa na publicación do primeiro traballo discográfico do trío galego.
Baile en Massó
Os Vilares
https://www.youtube.com/watch?v=kUMia64C3f0&feature=youtu.be&fbclid=IwAR0PtmgouEYQY5RQ9F-MLioLvRdXiU2zSVfvVdeGxH70NLzACtRp131Rhng
Jaime Rebollo.
Atraído pola música tradicional galega iníciase na apredizaxe da gaita, e máis tarde doutros instrumentos de vento populares, participando en
grupos de baile e bandas folk coma Celme, Paidacana, Liorna, Vilarachos, Banda Baile Asalto, Sondeseu,...
Atraído pola son hipnótica da zanfona comeza a súa actividade como luthier, abrindo o seu obradoiro no 2004, ó tempo que aprende a tocala con diversos mestres, tanto galegos como foráneos, descubrindo outras tradicións musicais europeas.
Iván Costa.
Como gaiteiro foi gañador dos concurso máis importantes durante a década dos 90, entre eles destaca o trofeo MacAllan en Lorient. Ademais ten participado en máis de 20 gravacións como intérprete e compositor, dando o colofón coa gravación do seu primeiro disco en solitario, Ávrego (Edicións do Cumio). A súa música forma parte do repertorio de importantes solistas do folk galego e tamén dos estudos do Conservatorio Profesional de Vigo. Participou en diferentes espectáculos de música e danza. As súas partituras son editadas en traballos de investigación e divulgación da música tradicional galega. Na actualidade a zanfona ocupa a maioría da súa vida artística en proxectos como a Orquestra Folk Sondeseu e Taghaitaí.
Diego Langarika.
É un músico de folk galego, vangardista no xeito de interpretar a música de raíz. Guitarrista, mandolinista, é principalmente coñecido co bouzouki e tamén coma artesán de instrumentos, un auténtico trobador do futuro pois constrúe el mesmo os instrumentos que interpreta como aqueles facían. Foi fundador de grupos como Xerfa, Tridentes ou a Banda das Perchas. Ten colaborado con Coanhadeira, Arxe, Banda Sinfónica de Galicia ou Dominic Graham School. Na actualidade forma parte da Orquestra folk Sondeseu, Ghaveta, NaRúa e o duo Beatriz Martínez/Langarika.