NOVAS MARZO 2017



https://www.youtube.com/watch?v=IBpde14h0uw&feature=youtu.be&list=PL-rhiw-sXa1c0TzL4GRKVVPsmSfcVUMox

A COMPAÑÍA DO RUÍDO BERRA!
“12 meses, 12 punchis”.
Marzo, bola 3…Avanses!!
BERRA! é a terceira cantiga das doce que presenta “A Compañía” durante o ano 2017.
Dende tempo atrás escoitamos a diario falar sobre a pronta desaparición da nosa fala.
Ante tanto pesimismo, non podemos máis que aportar unha mensaxe de forza e agarimo ao noso patrimonio máis importante, "A Lingua", e botar un berro ao mundo:
NACIDA PRA BERRAR EN GALEGO!!

Gravado no Estudio A Ponte por Tomás Ageitos.
Masterizado polo Dr. Chou.
Producción de vídeo a cargo de Pablo Chouza.

Colaboración de Emiilio, Rubén, Lucas, Nico e Candi nos ventos, e a voz de García Mc.
O poema da introducción corresponde a Manuel María.
https://www.youtube.com/watch?v=IBpde14h0uw&feature=youtu.be&list=PL-rhiw-sXa1c0TzL4GRKVVPsmSfcVUMox

https://www.youtube.com/watch?v=AiU8HS_pFWY

Flúe Contra corrente
Tema gravado en pousadason
Video gravado por: Lois Rodriguez Souto
https://www.youtube.com/watch?v=AiU8HS_pFWY

https://www.youtube.com/watch?v=xyyFLbrdaDg

Páramo Pictures Alcolitos (O Despacito Galego)
Parodia do vídeo "Despacito" de Luís Fonsi ft. Daddy Yankee.
https://www.youtube.com/watch?v=xyyFLbrdaDg

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/03/azul-de-bueu.html

AZUL DE BUEU fan a presentacion mundial do seu primeiro traballo discográfico. Será o vindeiro domingo 26 de marzo ás 12 a.m., en sesión matiné, no Teatro Principal de Pontevedra.

Para este concerto de presentación Azul de Bueu contará con colaboracións como a da contacontos Vero Rilo e @s cantador@s e bailador@s de Traspés.

Máis info en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/03/azul-de-bueu.html

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/03/esposa.html

Chegan a nosa Via Stellae particular ESPOSA un cuarteto de pop ritmico e rápido...
Máis info en:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/03/esposa.html

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/04/a-gramola-gominola.html

A Gramola Gominola estrea novo disco e novo espectáculo no Salón do Libro de Pontevedra, no Auditorio do Pazo Da Cultura, o sábado 1 de Abril ás 18.30 h.
Máis info en:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/04/a-gramola-gominola.html


https://www.youtube.com/watch?v=FfRFiZb0nuE&feature=em-subs_digest

ESPOSA Xardín interior
Single de adianto de "Xardín interior", álbum de debut de ESPOSA.
Videoclip producido por Prenom. Realizado por Rubén Domínguez.
Gravado no plató virtual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
https://www.youtube.com/watch?v=FfRFiZb0nuE&feature=em-subs_digest


https://www.youtube.com/watch?v=vTssnep3s8I

Video realizado por "Cancions en galego" sobre o tema Boagoas de sal do grupo Liska!
https://www.youtube.com/watch?v=vTssnep3s8I


https://player.vimeo.com/video/169446135

Video realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato de debuxo artístico do Ies As Barxas en Moaña. Poema e voz de Manuel Maria.
https://player.vimeo.com/video/169446135

https://www.youtube.com/watch?v=6QssGvvoeeU&feature=player_embedded

Güintervan gravación en directo nos Ancestral estudios do seu tema A pota vai
https://www.youtube.com/watch?v=6QssGvvoeeU&feature=player_embedded


https://www.youtube.com/watch?v=ibrN7cu81ec

Clara Pino e Pablo Vidal San Simón
Tema incluido no seu disco Nowhere
https://www.youtube.com/watch?v=ibrN7cu81ec


https://eclosom.bandcamp.com/releases

Gentalha Do Pichel "Temos o prazer de apresentar-vos os oito grupos que participam do Eclosom, o primeiro certame das músicas emergentes do Pichel. A partir de já fica aberto o período de votaçom, que se estenderá até o 31 de Março às 23h59.

Poderedes votar um máximo de dous grupos, e será preciso possuir umha conta de gmail para poder acceder ao formulário.

Os dous grupos que obtenham mais votos passaram à gala final, junto com um terceiro seleccionado polo júri do Pichel, diferente ao da final.

A gala final terá lugar o 29 de Abril, no nosso centro social, e o grupo ganhador levará um prémio de 300€ mais a atuaçom na festa do dezassete que este ano se fai o 13.

ONDE ESCUITA-LOS: eclosom.bandcamp.com

ONDE VOTAR: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfyfAcI_8PHNLMuMkdIDK8pM_FMW4DcwUYyCPBOhfogVSPbVw/viewform

+INFO: http://gentalha.org/2017/03/eclosom-bandas-participantes-e-votacom-popular/


https://www.youtube.com/watch?v=ySVo-AvSz1Q&feature=youtu.be

Antilia Se che din
Segundo video-clip del álbun "Norte e Sur" de Antilia.
https://www.youtube.com/watch?v=ySVo-AvSz1Q&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=Kzu3eHF1Rv0

Liska! Sonhos de raiva
https://www.youtube.com/watch?v=Kzu3eHF1Rv0


https://www.youtube.com/watch?v=ucJAAVO0WvM&feature=youtu.be

BIRIBIRLOCKE Bomba Nuclear
Videoclip do tema "Bomba Nuclear" do traballo "Tentando a Sorte" de Biribirlocke realizado por Diego Cotos.
https://www.youtube.com/watch?v=ucJAAVO0WvM&feature=youtu.be


https://www.youtube.com/watch?v=yEEuu3d4P5g

XERIÓN "Pranto flaxelante"
Vídeo co texto da quinta canción do álbum do XERIÓN "Escarnio, maldizer e Morte", editado nos arredores do Solsticio de Inverno de 2016.
https://www.youtube.com/watch?v=yEEuu3d4P5g


https://www.youtube.com/watch?v=yu3ebZq7bBQ

Arrhythmia e Rebeliom do Inframundo A Forza da Razón
Video gravado en TEA Airsoft Ponteareas
Cámara: Sergio Cora
Montaxe: Alberto Lora
Producción audiovisual: Néboafilms
https://www.youtube.com/watch?v=yu3ebZq7bBQ


https://www.youtube.com/watch?v=XLuROOGaQaU&feature=youtu.be

Liska! - Liska! (República 1.0)
https://www.youtube.com/watch?v=XLuROOGaQaU&feature=youtu.be


https://www.youtube.com/watch?v=MLVNO34KHZo&feature=youtu.be

Ezetaerre Suagh
"Rematamos facendo rap porque este se constituíu como ferramenta para a loita, pero os nosos referentes van máis aló. Cando aparecen ritmos folk pode que teñan que ver con Pedro, mentres que os máis acelerados son cousa de Juan e a esencia rapper, do Miguel (aínda que a estas alturas xa é probable que todo teña moito que ver con todos). Somos eclécticos como diversas son as influencias coas que construímos as nosas reivindicacións."
https://www.youtube.com/watch?v=MLVNO34KHZo&feature=youtu.be


http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/02/pelepau.html

Veño de engadir os temas de Fio e agulla o disco de Pelepau a radio on line onde soarán aleatoriamente nas 24 horas o dia de emisión.
Lembrade que podedes colaborar coa radio on line enviando presentacións de temas en galego como se fosedes presentadores de radio convencional.

Toda a info do disco de Pelepau en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/02/pelepau.html


https://www.youtube.com/watch?v=F6wBoh04SlE&feature=youtu.be

ITH DJANGO
Gravado ao vivo en estudio
https://www.youtube.com/watch?v=F6wBoh04SlE&feature=youtu.be


http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/03/fotos-ataque-escampe-primeiros-bicos-na.html

ATAQUE ESCAMPE están a presentar os eu novo traballo "primeiros bicos". Estas son algunhas das fotos que puiden facer na Capitol en Compostela.
Podedes velas fotos en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/03/fotos-ataque-escampe-primeiros-bicos-na.html
A info do disco en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/06/ataque-escampe.html



O venres 11 de marzo inaugúrase na Casa da Cultura Salvador de Madariaga de A coruña unha exposición sobre os 30 anos de Luar na Lubre.

A mostra ‘Luar na Lubre, unha viaxe de 30 anos’, unha exposición sobre o grupo da Coruña máis internacional que fai un percorrido por estas tres décadas de camiño e poderase visitar desde o 10 de marzo até o 16 de abril

Comisariada por Antonio Seijas, a mostra inaugurarase o venres 10 ás 20 horas nun acto ao que asistirán o concelleiro de Culturas da Coruña, Xosé Manuel Sande, e Bieito Romero de Luar na Lubre.


https://www.youtube.com/watch?v=WkE_XqyLeow

CHICHARRÓN Contra acantilados
Gravada e mesturada no Estudio Terraforma de Hío, Cangas por Ibán Pérez.
Producida por Rubén Domínguez.
Masterizada por Martín Ballesta (Last Punch Mastering). Glasgow.
Baixo unha licenza Creative Commons. 2017
Videoclip do cineasta galego Alfonso Zarauza (director de Os Fenómenos, Encallados ou A Noite que deixou de chover) e rodado en cine 16mm coa fotografía de Alberte Branco (fotografía de Las altas presiones ou Vilamor, entre outras)
https://www.youtube.com/watch?v=WkE_XqyLeow


https://www.youtube.com/watch?v=1J_FCc1D6c4

Hemisferios. 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo
A Deputación da Coruña celebra o Día Internacional das Mulleres cun proxecto que pon en común a creatividade de oito das máis recoñecidas voces da nosa música. Uxía, Pilocha, Alba María, Belem Tajes, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey.
https://www.youtube.com/watch?v=1J_FCc1D6c4



ITH desprega carteis de diferentes cores polas principais cidades galegas para presentar o seu último proxecto.

A lendaria banda rock galega garda algo novo e quere compartilo cos seus seguidores dun xeito inusual: tinguindo Galiza de cor. É por iso que a formación despregou polas principais cidades galegas carteis de diferentes cores co logotipo do grupo e un código QR. Detrás destes códigos, aquelas persoas que os escanean poden ver en primicia o que a banda agocha. Santiago, Coruña, Vigo, Ourense, Lugo... son algunhas das cidades nas que podemos atopalos.

Á súa vez, ITH sorteará un lote do novo merchandising da banda entre todas aquelas persoas que compartan ou lles fagan chegar unha foto de calquera dos carteis que atopen. Ao longo das vindeiras semanas, o grupo irá descifrando que se agocha tras cada cartel.


https://www.youtube.com/watch?v=krPqg7Y2Pgk

QUILMA presentannos a través do youtube un novo tema titulado Focos Guia.
https://www.youtube.com/watch?v=krPqg7Y2Pgk



www.querocantar.gal

II concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar, que convoca da Deputación da Coruña.


Recordámoslles que o concurso está aberto a grupos de toda Galicia.
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/03/querocantar.html
Poden consultar as bases en www.querocantar.gal


https://www.youtube.com/watch?v=gCZDsl-MdcM

Guadi Galego Vida
Musica do video de Guadi Galego performing Vida. (C) 2017 BOA MUSICA EDITORIAL, S.L.
https://www.youtube.com/watch?v=gCZDsl-MdcM


http://halabedi.eus/2017/03/02/habelas-hainas-programa-96-4a-tempada/

Musica en galego soando pola Euskalerria e a través do podcast por todo o mundo mundial !!!!
moitas grazas a Habelas Hainas Hala Bedi Irratia http://halabedi.eus/2017/03/02/habelas-hainas-programa-96-4a-tempada/


https://www.youtube.com/watch?v=gTyG7XcpBiY&feature=youtu.be&list=PL-rhiw-sXa1c0TzL4GRKVVPsmSfcVUMox

A Compañía do Ruído FALABARATO
Falabarato é o segundo tema do proxecto "12 meses, 12 punchis", e o correspondente ao mes de febreiro.
Rematamos febreiro cun tema que versa sobre a imposición dos "Istas", ese tipo de personaxes (traxe, paxe, garaxe) ou estados represores que se permiten o luxo de impór ou establecer como temos que falar, cantar, contar ou vivir.
E digo eu. En que momento da súa vida, uns tipejos como Mariano, Sapatillas, ou o Asnar e toda esa calaña se creen, sentados no seu sofá, que son a xente idónea para dirixir a vida de millón de persoas??
Acaso levantan un día da cama, miranse ao espello, e din...Eu son o elexido, vou a disirlle a estes papaostias o que teñen que faser??? Serán castróns...
Falabarato, mete a lingua no cú e cala un rato.

Gravado no Estudio A Ponte por Tomás Ageitos.
Masterizado polo Dr. Chou.
Producción de vídeo a cargo de Pablo Chouza.
Colaboración da Sala Real (Aguiño)
https://www.youtube.com/watch?v=gTyG7XcpBiY&feature=youtu.be&list=PL-rhiw-sXa1c0TzL4GRKVVPsmSfcVUMox

MAIS NOVAS EN : 
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2017/01/novas-xaneiro-2016.html