Tras a marcha do batería de Acceso Denegado o resto de integrantes decidiron continuar na música e o Xampi (guitarra) colleu as rendas da batería. Deste xeito os 3 compoñentes que quedaron pecharonse durante o verán do 2002 no local de ensaio para crear os temas da banda.
Integrantes:
- Xampi (batería)
- Pablo (Baixo)
- Xavinho da Queiroga (guitarra e voz)
No 2003 grabaron un albúm titulado "Mala Centella Te Coma" e foron finalistas do Concurso de Rock "Campusons", cuxo premio foi a grabación de 2 temas máis nun recopilatorio do mesmo nome. Fai Tun Flai conectaba moi ben co público e deron uns 40 concertos. Caracterizáronse por ter un directo desenfadado e apostar polo rock en lingua galega. No ano 2005 a banda parou a súa actividade debido á dispersión xeográfica dos membros.
Fai Tun Flai - Ta Ta Ta - Magosto 2002 - Ourense 7-11-2002
https://www.youtube.com/watch?v=aPCVIzFksbk