JUZZ
Juzz é a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio da Silva, un nome, por certo, máis relacionado nun principio coa escena jazzística, aínda que non só se pode cinxir a ese xénero musical. Virxilio da Silva, ademais de ter colaborado en numerosas gravacións e directos como “sideman” ao longo dos últimos dez anos, é colíder de bandas como Foxy Freire (Galiza), Loiros (Galiza), Fuzzo (Galiza), e Steel Sheep (Holanda), que reflicten a variedade estilística na que este músico novo se sente especialmente cómodo.
Con este novo proxecto vén presentar os seus traballos máis recentes, froito dos últimos anos de procura e experimentación, cunha música cuxas influencias van desde o rock máis psicodélico e ácido de finais dos sesenta até o jazz, pasando polo pop avant-garde máis experimental, o noise e o stoner rock. Unha música que ten como máxima a procura da liberdade alén da súa clasificación nun xénero determinado, e que aspira, por enriba de todo, a manifestar a súa esencia subversiva.
Completan a formación Rosolino Marinello (saxo tenor), Alex Salgueiro (Órgano Hammond), Xan Campos (Rhodes), Felix Barth (baixo eléctrico), e Iago Fernández (batería).
O disco, do que só se fixeron 200 copias en vinilo nunha edición limitada numerada, poderase adquirir nos concertos.
Podese escoitar no Bandcamp da banda en: https://juzzmusic.bandcamp.com/releases
Máis info en:
https://www.facebook.com/Juzzband/