ORADALADOU


ORADALADOU son un dúo formado por:
Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e 
Carlos Quintá (violín e voz)


O Cantigueiro de Cotobade (2019)

13 pezas compoñen o seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das coplas recollidas por Antonio Fraguas dentro do traballo etnográfico que levou a cabo no lugar de onde era natural.



O Cantigueiro de Cotobade foi publicado por vez primera en 1985, coincidindo coa entrega do Premio Trasalba, da Fundación Otero Pedrayo, esta compilación iniciouno Antonio Fraguas nos seus tempos de estudante en Pontevedra.


Nas súas propias palabras, este “traballo non é máis que unha contribución ao cancioneiro galego. As cantigas son vellas manifestacións dun mundo desaparecido, transformado […]. A cántiga ten a súa vida en toda Galicia, a terra onde, sen lugar a dúbidas, se cantou máis”.







https://www.youtube.com/watch?v=qpJQOhyIxdk

Oradaladou Máis fermoso que un tesouro

https://www.youtube.com/watch?v=qpJQOhyIxdk