Robertoliveira nasceu en Salceda de Caselas, Pontevedra non 1979. Centrado no comisionado e interpretación de obras, específicamente para percusión, electrónica e arte visual sincronizado. Roberto contribue o desenvolvemento da literatura para percusión mediante unha activa colaboración con novos compositores nacionais e internacionais.
Despois de completar os sus estudos de licenciatura en percusión no Koninklijk Conservatorium de La Haya, Holanda, obtivo os seus estudos de “master in music performance/chamber music” na Royal Irish Academy of Music de Dublín, Irlanda, obtendo a distinción “First Class Honours” pola DCU Dublin City University.
"ELEKTRONIK KONTAINER" é un proxecto educativo que xurde da necesidade de divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión.
Toda persoa toma parte activa, dun xeito ou outro, desde a súa infancia, do contacto cos nosos primeiros sons percusivos. Os máis pequenos apóianse na observación, no interese e na curiosidade por coñecer novos timbres.
Con este plantexamento, confío nunha nova visión deste campo. Adaptándoa a nova era tecnolóxica coa introdución de medios electrónicos e visuais. Dando forma a un proxecto educativo/ divulgativo de música electroacústica apoiada con arte visual sincronizada.
Este proxecto é fresco e innovador. Contextualizado en música que está a cambiar continuamente , movéndose e a se renovar.
Vai dirixido ó alumnado con certa madurez, con conciencia critica e espirito emprendedor. É por iso, que se enfoca a adolescentes que se atopen cursando a Ensinanza Secundaria Obrigaloria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas Artisticas profesionais.
"ELEKTRONIK KONTAINER" non trata de ser un concerto para meros espectadores no cal o artista multidisciplinar se limite a interpretar un repertorio máis ou menos atractivo e alternativamente se comenten algúns aspectos teóricos da Historia da Música.
Con este proxecto, o alumnado coñecera da man do artista, novas aplicacións de manipulación e edición de sons e imaxe en dispositivos electrónicos como smartphones (IncrediBox) e ordenadores (Reaper, Final Cul) no que a tecnoloxfa se refire.
Desde o punto de vista instrumental, Robertoliveiro interpretará extractos de obras nas que tamén comentará aspectos técnicos dos instrumentos de percusión, as súas posibilidades de execución, manipulación sonora e Formas de escritura empregadas en partituras de músicas de "nova creación" (partitura standar, partitura gráfica, partitura aleatoria...).
A estrea realizouse en Outubro no Auditorio do Multiusos das Pozas no Concello de Mos para o Instituto de Educación Secundaria Ies de Mos.
As vindeiras datas serán en xaneiro con 4 sesions no Auditorio de Galicia en Compostela.
www.robertoliveira.es
(+34) 619 301 112
(+34) 986 349 447
management@robertoliveira.es
Press & Communication, Salomé Soutelo
press@robertoliveira.es