No 2018 sae a luz o que el considera o seu primeiro disco "Vivimos en Vigo", un disco de formato cantautor onde se conxuga creacións propias coa musicalizacións de poemas.
Para a gravación do mesmo tivo a colaboración de Anxo Pintos na zanfona, Sussana Blanco no chelo, David Outumuro na batería, Alexandre Cabanelas no saxo e Leo e Arremecaghona colaborando cantando un tema.
O deseño e a edición correu por conta de Eladio Cabanelas de Edicións Ozocogz .
Este disco é moi variado. Pasa pola melancolía ata o humor, a retranca o sentimentalismo.
Nas palabras do propio autor, "non quixen censurarme na temática dos temas, ofertando música que fago nos directos".
"... non chegar a gravar este disco podería ser considerado delito.
É unha marabilla!!!!!
Emocionante, por arriba e por abaixo, alegre, irónico, positivo e crítico a un tempo, e aínda por enriba marabillosamente interpretado por todos, e cando digo todos, digo todos, incluíndo o fermosísimo e ben acompasado coro no “Como me does”. Parabéns, por suposto para o Anxo Blas, mais tamén para David Outomuro, Anxo Pintos, Susanna Blanco, Alexandre Cabanelas, Leo Arremecághona ..."
Eladino Cabalenas
Anxo Blas estreou coas Sesións Destelo o seu primeiro videoclip, un adianto en acústico do seu primeiro disco. "Morro en ti", é a versión musicada dalgúns poemas de Lois Pereiro.
Anxo Blas "Morro en ti"
PARA MAIS INFO:
https://anxoblas.com/
CONTACTO:
anxo.blas@gmail.com