Chané
“Chané. O nacemento da Música Popular Galega.
Compostela, Coruña, A Habana”
unha extensa investigación biográfica e musical sobre o músico compostelán José Castro “Chané” feita por Sixto Gómez e Alberto Cancela.O apelativo Chané está ligado para sempre á historia da música galega. Nin nome nin apelido, este alcume pertence a unha liñaxe de músicos, personificada en maior altura por JOSÉ CASTRO GONZÁLEZ (Santiago de Compostela, 1856 – † A Habana, 1917), unha das figuras máis destacadas e importantes da historia da música en Galicia. Chané forma parte dunha xeración de músicos pioneiros que atoparon na tradición popular de Galicia novas fontes de inspiración que revolucionaron a música do seu tempo.
Este libro é a obra definitiva sobre este autor ao longo das súas máis de 250 páxinas con fotos e dados inéditos sobre o autor.
Mercar: Eiqui