O dúo feminino VUDÚ nace en 2016. Maritxinha no baixo e loops e Belém Tajes, teclado e voces.
Da mistura entre Soul e Folk nace unha músicalidade propia e única no panorama galego actual.
No 2017, VooDoo gañaron o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e acadando novos formatos de directo.
Vudú Vol.III
"O Vol. III de Vudú, o disco, soa moito máis pop que os dous Eps anteriores, quizais polas percusións electrónicas e os efectos que utilizamos para acompañarnos. Desta vez contamos con Nicolás Vieites (Misterioso viaje a Holanda), na produción musical e foi gravado en Drum&Roll na Coruña e en El Observatorio Musical en Madrid. Contamos con colaboradores moi especiais como Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda, Xoel López...) nas percusións, Nata Álvarez (Swingdigentes) saxofóns, e unha colaboración moi especial con Wöyza.
Hai temas que soan a rock&roll dos anos 50, como é “Xa me dixo”, e outros cun sonido moito máis blues como “Eu chorar, chorei”.
Neste volumen tamén quixemos gravar o primeiro single que sacamos como dúo, que é Moreniña, unha canción coa que nos dimos a coñecer. Tamén facemos unha versión moi especial de “Unha noite na eira do trigo”, tema moi coñecido na tradición musical galega. A maioría dos temas están baseados en letras tradicionais que veñen directamente das nosas avoas, outros, son letras propias como é “Língua”, o último corte do disco que fala das línguas minorizadas.
Con este disco queremos pechar unha triloxía e tamén aproveitalo para dar a coñecer o noso traballo. Foi impulsado gracias á proposta de Deleite que quixo apostar por nós axudándonos a gravar o videoclip de Corasón, o primeiro single do disco."
DISCOGRAFIA PREVIA:
#eusonvoodooVol. II O segundo EP, gravado en Estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero, foi a combianación do dúo Belém Tajes e Maritxinha, con outros músicxs colaboradores (Narci Rodríguez, Álvaro Trillo e Lilaina).
Foi editado nun formato limitado e feito a man un por un, de maneira que todas as portadas deste Ep eran diferentes.
No Vol.II Vudú comeza a cantar integramente en galego, define moito máis o seu estilo, basado en letras tradicionais da música popular galega, que é mezclada con harmonías máis Jazz e Soul.en Abrigueiro Estudos, da man de Arturo Vaquero e coas colaboracións de Lilaina, Narci Rodríguez e Álvaro Trillo.
VooDoo son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. VooDoo é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos
Cada exmplar físico foi unha peza única e diferente, xa que quixeron que cada disco fora en sí mesmo un obxecto artístico, pintado e feito a mán.
Por exemplo, este é o exemplar de
Antonio Prado.
Por dentro ademáis do cd, Leva un tarot no que van as letras.
Vol.II tivo unha tirada exclusiva de 500 copias.
C O N T A C T O :
voodooemusica@gmail.com
Voodoo Moreniña
Moreniña é unha canción que vive na nosa memoria. VooDoo fixo a súa maxia e regaloulle unha segunda vida. Unha homenaxe a aquelas persoas que nos cantaban esas cantigas tan lindas!
Producido por: Sehran Mohsin e Aldara Marcos. Belém Tajes e Maritxinha.
Voodoo Língua do deserto
Tamen hai un ep anterior gravado nos estudos Bruar da Coruña cun formato cuarteto co que acadaron o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Musica Xove en Compostela .
Este EP non está editado (só dispoñible en Bandcamp), foi gravado polos 4 integrantes que formaban Vudú naquel momento. Era un estilo moito máis jazz con cancións en francés, inglés e galego.