Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a xoldra.
A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-pratos.
A formación está composta por Isman Bass (baixo) Berto Cuchi (caixa pratos) Carlos Carlitos (bombo sen prato) Alejandro Chiru (Trombón) Petete (trompa) Garzón (trompa) Nico Ricón (saxo tenor) Lucas (saxo tenor) Rubén Chino (saxo alto) Candi (trompeta) Chus Potro da Madroa (Clarinete) e Harrinho (violín).
As influencias musicais son varias: comeza polas fanfarrias de Europa do Leste, os “brass ensembles” de Nova Orleans, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música tradicional galega. Os integrantes de banda proceden de varios grupos do panorama musical galego: Os Cuchufellos, Os Bechuchos, Pelepau, Skandalo Gz, Pan de Capazo, Os Festicultores, Os Podridos, A Vaga Banda ou A compañía do Ruído. Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con eles un/ha pode saber cando comeza a música e a festa, pero non cando remata.
Acadaron a fama nas redes sociais polo vídeo no que se lle vía acompañar unha procesión cun himno anarquista...
Fanfarria Taquikardia Procesión Herexe
https://www.youtube.com/watch?v=Hm8PkBHkUVE
Café Bar Sovia
Neste novo traballo discografico o conxunto de Candeán (Vigo) continuan coa súa preferencia polos ritmos balcánicos e os sons festeiros que teñen levado por múltiples eventos dentro e fóra do noso país.