DIOS KE TE CREW



A banda de Ordes é un dos referentes musicais galegos dos últimos 15 anos. Formado en 2003 cos grupos de rap de 5 Talegos e Ghamberros

A primeira gravación acreditada de Deus ke te Crew foi a curtametraxe incluída na película colectiva Hai que botalos, un recompilatorio de curtametraxes postas en circulación co motivo das eleccións do Parlamento Galego en 2005. Contribuíu coa banda sonora do episodio titulado "O derradeiro", o elemento titulado "herdeiros da ditadura".

Actualmente os seus membros son:

Jamas, 
Sokram, 
Møu e 
El Padre Murdock






Tremendos Anos 20(2023) Dios Ke Te Crew celebra os ‘Tremendos Anos 20’ coa publicación dun disco-fanzine especial que inclúe 20 remixes dos seus éxitos acompañados doutras tantas ilustracións

Músicos e produtores como Ortiga, Malandrómeda, Javi Fluzo, Grande Amore, Mundo Prestigio, Juait ou CRNDS fixeron novas versións de temas como Vas de verde, Ke traballe o rei, Todo da voltas, Mutant Roll, OG, Amolar ou Danza Maldita; por exemplo. Completan a lista nomes como 2pasos, Padre Murdock, Frank Juxley, DJ Mil, Hermano L, Karma Sound, Nashgul, Terrae, Coio, Figueroa, High Paw, Xurxo Master ou Mou..(a partir das 00.00 horas do sábado 2 de decembro de 2023).

Os vinte temas que se poderán escoitar co gallo da celebración dos Tremendos Anos 20 contarán foron plasmados en ilustracións por outros tantos artistas gráficos de todo o Estado. Así, DKTC completa a súa celebración cos traballos de Maz, Twee Muizen, GR170, Lidia Cao, Nove Noel, Luís Sendón, Ana Langeheldt, Daan Botlek, Daniel Muñoz ‘San’, Xoana Almar, Alba Fabre Sacristán, A.L. Crego, Alegría del Prado, Mr. Difuz, Sortwo, Sokram, Leandro Barea, Sr. X, Miguel Peralta ou Sekone fan a súa propia versión, en imaxes, dos 20 temas que se inclúen neste disco-fanzine..



Boyanka Kostova e Dios Ke Te Crew
Ázido Úriko

Dirixido polo máximo xogón xaime miranda

e DoP do gran iagovilarinho

https://www.youtube.com/watch?v=TKVWAaYXcfU


O Ciclo Da Serpe 2019
Dios (ke te Crew) regresa despois de 8 anos cun LP cargado de simbolismo que mantén o seu particular humor apegado á actualidade e cargado de aceda retranca, ironía e sátira.

‘O Ciclo da Serpe’ é un LP cargado de simbolismo e un traballo sisudo que amosa a madurez dunha banda que regresa logo de varios anos nos que se centraron en proxectos individuais. E fano mantendo o seu particular humor apegado á actualidade, cargado de aceda retranca, ironía palpable e certeira sátira, sen esquecer a tradicional vontade da banda de Ordes de intervención social, con temas dedicados á liberdade de expresión, á ultradereita, ás redes sociais ou á xestión do lixo, entre outros.
TEMAS
Silencio
A Catapulta
Avances
Reinicio
Cacharela
Plvs Ultra
Código Vermello
A Cachimba (feat. Hermano L)
Código Verdoso
Uróboros
Trance
7 Pecados (feat. Alto Asalto)
20 Balas
15.680
Montaña de Lixo
Melancolía

O Ciclo da Serpe ten un claro compoñente conceptual, tanto o propio título como todo o coidadoso traballo de arte do formato físico, coas ilustracións da artista Lidia Cao e con deseño e dirección de arte de Sokram (artista visual e vocalista membro do grupo). Na portada podemos contemplar un uróboros (serpe que engule a súa propia cola) a medio camiño entre animal e máquina, que entra e sae dun dodecaedro de pedra no que parece estar enredada. Un título e unha imaxe con complexos simbolismos dos que se poden arrincar distintas lecturas.


O uróboros, presente en culturas antigas tan dispares como a exipcia, a grega, a china, ou a celta, entre outras, representa a natureza cíclica das cousas, que comezan de novo unha vez rematan, a perpetuidade, o eterno retorno e, nun sentido máis amplo, a paso infinito do tempo, o infinito devir. Eventos cíclicos como o día e a noite, a vida e a morte, o transcurso das estacións ou, na música, o eterno loop que se repite unha e outra vez..., mesmo quizais o propio retorno da formación DKTC.


O Ciclo da Serpe tamén alude á muda de pel, a ese cambio necesario que todo individuo ou sociedade está condenado a realizar nalgún momento da súa existencia para poder continuar... E do mesmo xeito, tamén parece conter unha crítica implícita ao sistema capitalista, encarnado no corpo da serpe e, por definición, condenado a devorarse a si mesmo.


Este disco foi gravado e mesturado en Rapapoulo Estudio (Ordes) e masterizado en Jammin Masters (Berlín). Nel colaboran o actor Miguel de Lira en dous sketches; Alto Asalto e Hermano L nas voces; ademais de músicos como Manu Paino, Serxio García, Xosé Antonio Ríos, Martiño D. Mato, Inés MIrás ou Javier Pardiñas. A portada ten unha animación en realidade aumentada realizada polo artista audiovisual A.L. Crego.

SILENCIØ
https://www.youtube.com/watch?v=T7K44wDn5FQ&feature=youtu.be


dirixido polo recoñecido artista A.L.Crego
Este primeiro single é un alegato contra a “Lei Mordaza” e a favor da liberdade de expresión no que se fala da “nova Santa Inquisición”.

Melancolía
https://www.youtube.com/watch?v=5A0jQapOoRI&list=RD5A0jQapOoRI&start_radio=1&t=1
Xaime Miranda- trasladábanos cun discurso lírico existencialista a un escenario apocalíptico, inspirado no famoso filme de Lars Von Trier de mesmo título.


https://www.youtube.com/watch?v=5A0jQapOoRI&list=RD5A0jQapOoRI&start_radio=1&t=1

DISCOGRAFIA PREVIA:

Dez e Heroes (Singles) (2013)

“Humanose” (2011)

Un disco conceptual no que se trata a autocrítica cara a nosa propia existencia como especie humana, que se cre o centro do universo e se converte nunha enfermidade para a Terra.

O traballo de produción, gravación e mesturas levouno a cabo Mou, Mc da banda. O disco tamén conta con colaboracións doutros artistas entre as que destaca a da banda de metal Machina.

Editado por Boa Music no ano 2011



“Xénese” (2006)
16 temas. Autoeditado polo selo do propio grupo DKTC Sons e a editora galega Falcatruada. Este é o primeiro disco de rap realizado enteiramente en galego. Ten influencias do jazz, rock, reggae, hardcore e funk. No deseño do CD inclúense ilustracións e graffitis de membros do colectivo.






Profecia

https://www.youtube.com/watch?v=JJq1jife_a4

 https://www.youtube.com/watch?v=JJq1jife_a4


CONTACTO: 

Rocio Castro
Komunika Kultura
+34 699.945.778