NOVA

NOVA é unha viaxe a moitos pérsecs deiqui. Un lugar inospito e inaccesible, sinonimo de soidade, de nostalxia, de frio, de tristeza onde todo é posible. Unha porta aberta ao infinito, a novas sonoridades.


O espectáculo NOVA, da pianista e compositora María Mendoza, acompañada da actriz Nate Borrajo, mestura teatro e música para levarnos a unha viaxe inesquecible no tempo e no espazo.

Seredes benvidos ao despegue de NOVA, nave espacial coa que faremos unha viaxe inesquecible no tempo e no espazo. Sairemos da lanzadera B-612, máis alá de Orión, para visitar tres planetas: Contemporánea, Tradicional e Electroacústica, capitaneados pola comandante de voo SuperLula-2010 (a actriz Nate Borrajo) e alumeados pola estrela M.Mendoza-75 (a pianista e compositora María Mendoza).







NOVA teaser










 MARÍA MENDOZA Pianista, compositora e docente, nace en Oviedo en 1975 e comeza os seus estudos musicais á temperá idade de catro anos da man da súa nai, profesora de piano.
No ano 2001  conclúe os seus estudos superiores de Piano e de Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Bilbao.


Un ano máis tarde, obtén no mesmo centro o Título Superior de Solfexo, Acompañamento e Transporte, así como a licenciatura en Belas Artes pola Universidade do País Vasco.

No ano 2002 desprázase a Galicia e comeza os estudos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, da man de Carlos Cambeiro, Joám Trillo e Pablo Beltrán.
Completa a súa formación con cursos monográficos e clases maxistrais de piano cos mestres Serghei Yerohkin, Joaquín Achúcarro,
Luca Chiantore e Emmanuel Ferre-Lalöé, de análise con Carlos Cambeiro, Emilio Molina, José María Laborda, Edson Zampronha e Teresa Catalán, de jazz e música moderna, de técnicas de relaxación e control do medo escénico, de análise da música cinematográfica e de composición con Antón García Abril.

A súa actividade profesional divídese entre a docencia, a composición e a interpretación, destacando sobre todo a súa faceta creativa, tanto compositiva como interpretativa. Na actualidade é profesora do departamento de Composición no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Como intérprete, destaca a súa gran versatilidade como pianista clásica, como acompañante, tanto de instrumentistas, cantantes e agrupacións corais e como teclista en grupos de música moderna (pop, rock, folk, etc.). En canto á composición, é autora de pezas para piano, música de cámara, relixiosas, corais, orquestrais, para banda de música, para voz e piano e de bandas sonoras para curtametraxes e series de animación, onde consegue unir as súas dúas grandes paixóns: a música e o cinema.

Compositora da música da serie Caracol e Caracola e das curtas de animación O día en que a mamá se lle puso cara de tetera, E que
podo facer eu?, O sultán e os ratos, Rato Tom e Rata Tomasa e Pedra, palo e pau da serie Contos do Camiño da productora galega OQO filmes, entre elas as gañadoras do Premio Especial do Xurado no Festival Brasil Stop Motion 2011, emitidos en televisión de Galicia, Finlandia, Arxentina, Turquía e Portugal, entre outros países.

En abril de 2016 presenta o seu primeiro disco en solitario, “Intro”, un CD de pezas orixinais para piano, que inclúe o seu tema “Como queres que te ronde”, premiado no concurso de composición Galician Folk Songs 2015 e en outubro de 2017 presenta o seu segundo disco, “Nova”, que inclúe o seu tema “Devil’s Dance” premiado no concurso de composición francés Hélianthe.

Varias das súas obras foron publicadas por Periferia Sheet Music (Barcelona), Música Neo (descarga dixital) e pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dende o ano 2010 é membro da Asociación Galega de Compositores.





NATE BORRAJO
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, 1999, (USC).
Licenciada en Filoloxía Románica, 2000, (USC).
Curso de Posgrao: Curso de Especialización en Arte
Dramática: Teoría e Práctica da Interpretación, 2000, (USC).

PUBLICACIÓNS
• A contar estrelas no camiño, Ed. Galaxia, 2010 • Naufraxio en conserva, Ed. Galaxia, 2015
• Artigos de crítica literaria na revista Tempos Novos e Grial.

TRADUCIÓNS:
• Normas para saber vivir na sociedade actual (Sarabela Teatro)
• Pequenas certezas (Sarabela Teatro) • Macbeth (Sarabela Teatro)
• Cósima (Sarabela Teatro) • Ai, Carmela (Teatro de Adro)

TRABALLOS RECENTES COMO ACTRIZ con Sarabela Teatro:
• 2010 Don Hamlet, de Cunqueiro • 2011 Tango, de Mrozek • 2014 O Último dragón, Dir. Fina Calleja.
• 2014 Pequenas Certezas de Bárbara Colio • 2015 Ensaio sobre a cegueira de J. Saramago
• 2016 O secuestro da bibliotecaria, de Fina Calleja. • 2017 O Rei morre, de Ionesco





María Mendoza ofrece, xunto coa colaboración da actriz e escritora Nate Borrajo, un espectáculo presentación do seu novo disco / NOVA / no que se mestura música e teatralidade. Un espectáculo actual e cheo de referencias ao mundo da ciencia ficción.

CONTACTO CONTRATACION

mendoza1975@hotmail.es
Teléfono contratación: 656732442