Ferreñas e Rock and Roll

https://baiaedicions.gal/ferrenhas-e-rock-and-roll.html
"Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega.

Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos nunha obra única que foi distinguida cun dos premios do II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade convocado en 2018 pola área de Benestar Social, Educación e Políticas da Deputación da Coruña."

O libro é un proxecto paralelo ó de Músicas Galegas Ilustradas, creado por Laura Romero, ilustradora e baixista da banda Zënzar, no ano 2017. A necesidade de dedicarlle un libro ilustrado a unha serie de mulleres da música en Galicia, pioneiras todas elas aínda que moitas das súas carreiras estiveran ocultadas, esquecidas ou infravaloradas, xorde despois de que Laura chegara á historia de Xosefa de Bastavales nunha das súas pesquisas e lecturas habituais.

Despois de meses recompilando información, a meirande parte a través de conversas coas propias protagonistas ou con amigos e familiares, Ferreñas e Rock and Roll logra recoller 31 desas historias de mulleres, unhas poucas moi coñecidas, outras esquecidas e outras directamente anónimas. Desde tocadoras de pandeireta ou pandeiro cadrado ata pioneiras do punk e do metal, pasando polo mundo das orquestras ou as grandes renovadoras da nosa música tradicional.

https://baiaedicions.gal/ferrenhas-e-rock-and-roll.html
A ficha (ou link para mercar o libro online): 

 https://baiaedicions.gal/ferrenhas-e-rock-and-roll.html