Farrapos de ghaita somos:
Alén Blanco- Guitarra eléctrica e voz
Daniel Rodriguez- Batería
Javier Lamas- Guitarra eléctrica
Victor Vilariño- Baixo
Nerea Purriños- pandeireta e coros
Xaquín Balado- Gaita, frautas e voz
A idea desta formación xurde o 05/12/2017.
Dende o 1º día a banda ten claro por que camiño ou estilo avanzar.
Proba das ganas e consonancia á hora de escoller temática e compoñér, é o feito de que o 1º concerto con 12 temas inéditos ten lugar o 12/05/2018.
No mes de agosto dese mesmo ano decídese que é hora de grabar disco e no mes de setembro xa se decide que se grabará e producirá nos estudios 3ª pranta e penteo films a cargo de Manuel Ramil (por motivos de axenda, a grabación comeza en 2019).
Entre xullo e agosto de 2019 chega unha mensaxe de Manuel Ramil "Tanta paz leven como descanso deixan" (iso é un tecnicismo e sigifica que está o choio virao).
Nese momento estamos traballando por outra banda no deseño, que corre a cargo de Carlos Ríos.
O disco tarda algo máis en sair porque tiñamos valoradas varias opcións para a fabricación en formato físico, pero entre mentres xurde a proposta de Maldito records de promocionarnos dende Valencia e fabricar eles o formato físico, detalle co que ainda hoxe estamos boquiabertos (que unha firma deste nivel se fixe e se interese no 1º traballo dunha banda galega en galego é unha pasada).
http://www.malditorecords.net/
Temas incluidos no disco:
1 Belcebú
2 Muiñeira do demo
3 Farrapos de ghaita
4 Os piratas de Almieiras
5 Rata sin piedá
6 Nitroghaita
7 Inspector da sesta
8 O chat das vellas
9 Pastor eléctrico
10 Os Gonzalez
11 Funkeimada
12 Santa compaña
13 Samain (con Irene Caruncho)
FARRAPOS DE GHAITA
"Farrapos De Ghaita"
Dispoñible en EL TRIDENTE: https://www.eltridente.es/561_farrapo..
CONTACTO:
farraposdeghaita@gmail.com