O grupo vigués feminino Son Trío composto por Su Garrido Pombo (voz), Susanna Blanco (cello) e Katerina Linke (piano, composición) presenta o seu primeiro traballo discográfico "Miña Almiña"
O álbum recentemente elixido entre os semifinalistas dos premios MIN 2020 como Mellor álbum en galego e finalista dos premios Martin Codax nos anos 2018, 2019, sorprende coa súa profundidade e emociona ao público.
A música que interpreta Son Trío é intimista e contemporánea e viaxa entre os estilos dende o clásico até o jazz facendo soar os poemas do século XIX como se fosen escritos hoxe.
O disco foi producido por Gonso Pedrido que conseguiu potenciar ao máximo as interpretacións do trío a través dunha sonoridade suxerinte e chea de matices.
O grupo fixo unha tirada exclusiva e limitada en formato físico coidando que os materiais foran sostibles e sen envoltorio plástico.
Está disponible na páxina web: www.sontrio.eu. O diseño é de ilustradora viguesa Laura Cochón e quedou precioso.
O libriño do disco trae la letra de Rosalia en galego traducidos ao inglés por Erin Moure.
Son Trío · Unha rosa
https://www.youtube.com/watch?v=PKjaYjC9VgI
Son Trío · Un día
https://www.youtube.com/watch?v=mkT-KgQwDjQ
As gaivotas
CONTACTO :
info@sontrio.eu