FØ Records

FØ Records é un colectivo de hip-hop/trap de Negreira, da que incorporan á súa música os costumes e rutinas propios da mocidade nunha vila pequena e rural.

Forman o grupo os rapeiros Og Coulomb, Goodboy.XD, Puto Rumeinian, Camel B. e DramaKid.

O grupo lanzou o seu primeiro tema “FÓ” en abril de 2019, cos membros Og Coulomb, Goodboy.XD, Puto Rumeinian no micrófono, e Camel B. dirixindo o videoclip.

https://www.youtube.com/watch?v=fAr9WoZbxgQ&feature=emb_logo

 https://www.youtube.com/watch?v=fAr9WoZbxgQ&feature=emb_logo



O Club do Pitillo (2020)

A maqueta vén acompañada de tres pezas audiovisuais e colaboracións de O Portughés, O Neno Basko, Clioenllamas ou Gallego


“O Club do Pitillo”, primeira mixtape do grupo de trap FØ Records, está dispoñible  en todas as plataformas dixitais de streaming e tendas.

Tras o lanzamento de tres videoclips dirixidos polo barcalés Álvaro Alvite, o colectivo recompila nun traballo de catorce temas o seu progreso O debut conta cun amplo repertorio de artistas destacados na escena do hip-hop galego, como O Portughés e O Neno Basko (Ola Perdida Squad), Gallego ou os produtores Clioenllamas, Pitybeats ou Osko.


O título da maqueta ten a súa orixe nunha das liñas do seu sinxelo máis popular ata o momento, “A Porrallada” do rapeiro og coulomb, que acumula máis de 5000 reproducións entre as diferentes plataformas de streaming musical. O tema, que é tamén o primeiro adianto da mixtape recibiu o apoio a través de redes sociais de artistas consolidados na escena do trap galego, como Sad Damn Hosse Lean ou o dúo Boyanka Kostova. O propio Ortiga (un dos dous artistas do grupo) mencionou recentemente ao colectivo barcalés nunha entrevista a comezos de mes no programa de Radio 3 “Hoy Empieza Todo”: “Son chavales de 19 anos facendo uns temazos que flipas”, sinalou o produtor e vocalista compostelán.


A PORRALLADA

https://www.youtube.com/watch?v=fp2cvunDnaA&feature=emb_logo

 https://www.youtube.com/watch?v=fp2cvunDnaA&feature=emb_logo


Destacan as colaboracións do colectivo d’O Salnés Ola Perdida Squad, con dúas participacións d’O Portughés, a produción dun dos habituais beatmakers Clioenllamas e a reaparición nun tema de O Neno Basko, un dos primeiros artistas en facer trap en galego, con temas como “Porks”. Completan a lista producións de Pitybeats e do catalán Osko, ademais de engadir versos de Gallego e o rapeiro local E. Cobas.


O deseño da portada (cun coche sen carné en primeira plana) e a estética xeral do grupo aportan á retranca co que o grupo enfoca as súas letras: o “tramo” e o tabaco, noites de festa, drogas e o traballo. A maqueta está producida integramente en galego, buscando coas colaboracións engadir formas dialectais diversas da lingua.

 “Cacharela” de Camel B., “Aurora Dorada” de dramakid, “Pimp” de goodboy.Xd, Puto Rumeinian e Camel B. e os videoclips de “Meu 2” (goodboy.Xd) e “A Porrallada” (og coulomb), o maior éxito do colectivo ata o momento. En febreiro de 2020 lanzaron o videoclip de “Chicane”, o último adianto da mixtape “O Club do Pitillo”, interpretado polos rapeiros do grupo Camel B. e goodboy.Xd.

MEU 2

https://www.youtube.com/watch?time_continue=12&v=nnhpL9DAxU4&feature=emb_logo

  Dirixido por ak.alvite

https://www.youtube.com/watch?time_continue=12&v=nnhpL9DAxU4&feature=emb_logo

CHICANE

https://www.youtube.com/watch?v=mddl5JcJSP0

prod: pedro 

operador de cámara: pedro 

foto fixa: atrezzo frac 

montaxe e vfx: alvitepeillet 

dirixido por tua nai

https://www.youtube.com/watch?v=mddl5JcJSP0

PUTO RUMEINIAN FREESTYLE

https://www.youtube.com/watch?v=cZTJDoK9NAo

Grabado en Fo 

Records Visuals: @ak.alvite 

Prod: @troohhippi

https://www.youtube.com/watch?v=cZTJDoK9NAo

 

CONTACTO :
recordsfo@gmail.com

FØ Records