Correlingua cumpre 20 anos movéndose pola lingua e volve aos centros tralo adiamento
Doce centros escolares de doce localidades galegas acolleran as actividades da celebración nunha edición que incorpora o streaming e que cumprirá con todas normas sanitarias de prevención
O Correlingua é unha actividade organizada por CIG-Ensino, A Mesa e a AS-PG, co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra
Nesta edición, Correlingua terá presenza física en 12 centros escolares de outras tantas localidades galegas e contará coa participación de 9 artistas en 16 actuacións. As actividades de Correlingua comezarán o 5 de novembro en Narón e prolongaranse ao longo de todo o mes de novembro. Na pasada primavera, a celebración estendida da lingua viuse obrigada a adiar as súas actividades por causa da pandemia que, a día de hoxe, segue afectando á normalidade da vida en Galicia.
Esas actividades teñen como obxectivos «propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela», «sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua», «asociar o uso do idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades» e «contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo».
Localidades Correlingua
Narón. Pazo da Cultura | 5 de novembro 20
Lugo. IES Nosa señora dos ollos grandes | 6 de novembro 20
O Rosal (CPI Manuel Suárez Marquier) | 12 de novembro 20
Pontevedra (CEIP de Xeve) | 18 de novembro 20
Moaña. Centro sociocultural Daniel Castelao (Quintela) | 19 de novembro 20
A Mariña. Xove. CEIP Caselles Rollán | 20 de novembro 20
Ourense. IES As Lagoas | 27 de novembro 20
Vigo (IES Ricardo Mella) |
A Coruña. CEIP. Alborada.
A Estrada
Zas. CPI de Zas
Rianxo
Artistas participantes
Luís Caruncho
Cuarta Xusta
AldaoLado
Isabel Risco
Cé Orquestra Pantasma
A Gramola Gominola
Paco Nogueiras
Monoulius
Biribirlocke